Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34752

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para aquelas persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19.

En sesión que tivo lugar o 1 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 12 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no Polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes que realizarán este exercicio son as que acreditaron suficientemente as circunstancias de contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19 antes da realización do exercicio do día 12 de xuño de 2021.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas COVID para procesos selectivos publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal