Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34876

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal médico de hospitalización a domicilio no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de decembro de 2018 (DOG núm. 240, do 18 de decembro), publicouse o Pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O´MEGA, CC.OO, UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria.

No seu punto primeiro disponse que este sistema de selección será de aplicación a todos os nomeamentos temporais de persoal estatutario licenciado sanitario do nivel de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia.

No seu punto segundo establécese que mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, se iniciará o prazo para inscribirse nas listas de aspirantes, que se actualizarán con carácter periódico.

O Decreto 34/2021, do 11 de febreiro, crea a categoría estatutaria de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde, dentro do colectivo de persoal estatutario sanitario de formación universitaria, de nivel licenciado ou graduado co título de especialista en Ciencias da Saúde.

Ao abeiro da citada regulación, e logo de ser informada a Comisión Central de Seguimento do Pacto de selección de persoal estatutario temporal na súa reunión do 9 de abril de 2021, esta dirección xeral, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 7 da Orde do 22 de abril de 2020, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade, do Servizo Galego de Saúde e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG nº 82, do 29 de abril),

RESOLVE:

Primeiro.

Iniciar o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia, na categoría de persoal médico de hospitalización a domicilio do Servizo Galego de Saúde.

Segundo.

A selección de aspirantes efectuarase consonte o disposto na Resolución do 11 de decembro de 2018 pola que se aproba o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 240, do 18 de decembro). Así mesmo, e consonte o número 4 da citada resolución, aplicaranse con carácter xeral as normas establecidas no vixente pacto sobre selección temporal de persoal estatutario (DOG núm. 123, do 30 de xuño de 2016).

En desenvolvemento das normas referidas no parágrafo anterior, tamén serán de aplicación as bases contidas no anexo I desta resolución.

Terceiro.

1. Esta resolución e as súas bases vinculan a Administración e as persoas aspirantes que soliciten participar no procedemento de selección.

2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Bases do procedemento de selección

Primeira. Requisitos de participación e méritos

1.1. Requisitos de participación.

Poderán inscribirse nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal licenciado sanitario, na categoría de médico/a de hospitalización a domicilio, as persoas interesadas que, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes que se indica na base cuarta, reúnan os seguintes requisitos:

a) Idade: ter feitos os 16 anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa.

b) Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do/s correspondente/s nomeamento/s.

c) Habilitación: non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores.

d) Titulación: estar en posesión da titulación que se especifica no anexo II desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais, ao abeiro do disposto no Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva comunitaria 2005/36/CE e o Real decreto 459/2010, do 16 de abril.

Así mesmo, a persoa aspirante deberá posuír e acreditar estar en posesión do permiso de conducir da clase B ou equivalente.

e) Protección xurídica do menor. Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por tráfico de seres humanos, de conformidade coa previsión contida no artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

f) Aboamento das taxas por dereito de primeira inscrición que, se é o caso, correspondan, segundo o disposto na base oitava.

Os requisitos de participación deberán reunirse dentro do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante o período de permanencia na lista ata a formalización do oportuno nomeamento.

1.2. Baremo de méritos.

A orde de prelación das persoas aspirantes na lista virá determinada pola puntuación que resulte de aplicar o seguinte baremo:

A. Participación na oferta pública de emprego (OPE) na categoría a que opta no Servizo Galego de Saúde (máximo 24 puntos).

Asignarase coa debida proporcionalidade a maior das puntuacións globais obtidas pola persoa aspirante na fase de oposición dos dous últimos procesos selectivos convocados e resoltos polo Servizo Galego de Saúde na correspondente categoría, con independencia da superación da dita fase. Para estes efectos, entenderase como data de finalización do proceso selectivo a data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se declara finalizada a fase de oposición do respectivo proceso.

Dada a súa recente creación, na primeira xeración de listas que se efectúe, ao non ter sido convocado polo Servizo Galego de Saúde ningún proceso de selección fixa para o acceso a prazas desta categoría, non se asignará ningunha puntuación aos/ás aspirantes neste concepto.

Só será obxecto de valoración nesta epígrafe, con 2 puntos, o coñecemento da lingua galega logo de acreditación polo/a aspirante do certificado Celga 4 ou equivalente.

B. Experiencia profesional, formación, investigación e innovación sanitaria (máximo 40 puntos). Nesta epígrafe valoraranse os seguintes méritos e coa seguinte puntuación:

1. Formación: 35 % (máximo 14 puntos).

1.1. Formación académica (máximo 3,5 puntos).

a) Grao:

1. Licenciatura:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 0,50 puntos.

– Por cada sobresaliente: 0,25 puntos.

– Por cada notable: 0,10 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,10 Cn + 0,25 Cs +0,50 Cmh

________________________

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos cales, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Exame de grao ou memoria de licenciatura: 0,30 puntos (con sobresaliente ou matrícula de honra, 0,15 puntos máis).

3. Premio extraordinario: 0,30 puntos.

b) Posgrao.

1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora, segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 1 punto.

2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 3 puntos.

3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,30 puntos.

4. Por cada máster universitario oficial (Espazo Europeo de Educación Superior, EEES) no ámbito das ciencias da saúde, que se encontre debidamente acreditado e inscrito no RUCT: 1 punto.

A titulación de máster débea rexistrar o/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.

As alíneas b.1) e b.2) son excluíntes entre si.

1.2. Formación continuada e especializada (máximo 10,5 puntos).

1.2.1. Formación continuada.

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a actividades formativas acreditadas por algún dos órganos acreditadores que integran o Sistema acreditador da formación continuada do Sistema nacional de saúde, polo Consello Europeo de Acreditación da Educación Médica Continuada (EACCME) ou pola Asociación Médica Americana (AMA), impartidos por calquera entidade ou organismo público ou privado, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

b) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Servizo Público de Emprego, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Valoración:

– Por crédito CFC: 0,05 puntos.

– Por crédito EACCME/AMA PRA categoría 1: 0,007 puntos.

– Por hora: 0,005 puntos.

d) Pola superación da actividade formativa impartida polas universidades, coa condición de título propio (máster universitario, experto universitario, especialista universitario), no ámbito das ciencias da saúde:

– En caso de estar computado en créditos ECT: 0,025 puntos/crédito.

– En caso de estar computado só en horas: 0,0025 puntos/hora.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen os devanditos cursos de formación continuada será de 0,02 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren nel. Se a actividade formativa consta acreditada en créditos EACCME ou AMA PRA e créditos CFC, valorarase coa puntuación asignada a estes últimos.

Non se valorarán os cursos realizados durante o período de especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade correspondente.

Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Así mesmo, valorarase en todo caso a formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, obradoiros ou similares, agás que estean debidamente acreditados polos órganos acreditadores que forman o Sistema acreditador da formación continuada do Sistema nacional de saúde.

1.2.2. Formación especializada.

a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, en España ou nun país da Unión Europea, ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as nas especialidades de medicina familiar e comunitaria, medicina interna ou xeriatría e co título validado polo Ministerio competente: 2,5 puntos.

b) Por ter obtido o título da especialidade de medicina familiar e comunitaria, medicina interna ou xeriatría, como consecuencia de ter accedido con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, a unha praza de especialista en formación, convocada pola algunha das administracións públicas ou institucións sanitarias concertadas con estas e que acrediten ter realizado de xeito ininterrompido e baixo un mesmo réxime docente os anos de formación establecidos para a correspondente especialidade, mediante nomeamento ou contrato de bolsa docente expedido pola devandita Administración que implique relación profesional retribuída periodicamente con cargo aos seus orzamentos: 2,5 puntos.

As puntuacións das alíneas a) e b) son excluíntes entre si.

c) Por ter completado o período como residente do programa MIR, FIR, QUIR, BIR, PIR ou RHIR doutra especialidade distinta e co título validado polo Ministerio español competente: 1 punto.

2. Experiencia: 55 % (22 puntos).

2.a) Baremo xeral.

– Por cada mes completo de servizos prestados en postos da mesma categoría e/ou similar contido funcional en unidades de hospitalización a domicilio, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,20 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de especialidades de ciencias da saúde de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou como persoal titulado superior investigador no ámbito das ciencias da saúde, en virtude de nomeamento ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,07 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría/especialidade de persoal licenciado sanitario, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,05 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría profesional distinta das previstas na alínea anterior, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,04 puntos/mes.

2.b) Puntuación específica por prestación de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinada polo coronavirus SARS-CoV-2:

Os servizos prestados en postos da mesma categoría e/ou similar contido funcional prestados en unidades de hospitalización a domicilio en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas ou privadas concertadas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza, no período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 9 de maio de 2021, valoraranse cunha puntuación equivalente ao dobre da puntuación asignada a cada un destes méritos na epígrafe correspondente do baremo.

2.c) Puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación:

Polo exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o máximo de 0,5 puntos:

– Permiso por parto, adopción ou acollemento: 0,2 puntos/licenza.

– Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo: 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada por motivos familiares: 0,02 puntos/mes completo.

– Excedencia por coidado de fillos e familiares: 0,02 puntos/mes completo.

Para estes efectos, dividirase o número total de días entre 30 e valorarase o cociente enteiro.

A acreditación de cada unha destas circunstancias deberá efectuala o/a aspirante na forma prevista no anexo V.

2.d) Puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados:

Polos servizos efectivamente prestados nos hospitais públicos do Barco, Verín, A Mariña, Cee e Monforte de Lemos ou en centros sanitarios do nivel de atención primaria, situados nos concellos que se relacionan no anexo VII, caracterizados polo seu illamento: 0,5 puntos/ano completo ou a parte proporcional.

Para estes efectos, só se valorarán os servizos que consten efectivamente prestados en tales centros, con independencia da súa realización ou non en virtude de vínculo directamente formalizado con tales institucións.

De conformidade co disposto no anexo V desta convocatoria, non será necesario que o/a aspirante acredite este mérito.

Coa valoración das alíneas 2.b), 2.c) e 2.d) non se poderá superar a puntuación máxima prevista para a epígrafe de experiencia profesional.

Normas xerais de valoración:

Primeira.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada epígrafe do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso se poderá valorar a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural por riba da puntuación establecida para o dito período dun mes.

En ningún caso poderá ser obxecto de valoración un mesmo período de servizos prestados en distintas epígrafes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda.

Os servizos prestados durante o período en que se desfrute dunha redución de xornada por algunha das causas legalmente previstas serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período, o/a interesado/a acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados na categoría/especialidade para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais na dita categoría.

Terceira.

A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título da especialidade que dá acceso a esta categoría.

Os servizos prestados polos/as especialistas con título expedido por terceiros países valoraranse desde a data de homologación do título da especialidade polo Ministerio de Educación.

Os servizos prestados como especialistas de cota terán a mesma valoración que os prestados como facultativo especialista de área.

A antigüidade como especialista de quen accedese ao título en virtude do Real decreto 1497/1999, do 24 de setembro, valorará, segundo o disposto na Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, a totalidade do exercicio profesional efectivo do/da interesado/a dentro do campo propio e específico da especialidade, descontando de tal exercicio e no seu período inicial o 170 % do período de formación establecido para a dita especialidade en España. O indicado desconto non se producirá respecto de quen obtivese o título de especialista, de acordo co previsto na disposición adicional terceira do Real decreto 1497/1999.

Para os efectos deste baremo, os contratos de investigación Juan Rodés e Río Hortega terán a mesma valoración que os servizos prestados polo persoal facultativo/a especialista de área da correspondente categoría/especialidade nas institucións sanitarias do Sistema público de saúde.

Serán obxecto de valoración na alínea 3) os servizos prestados na mesma categoría/especialidade en institucións sanitarias privadas con concerto sanitario ou autorización de uso co Sistema público de saúde, na data de prestación de servizos, que consten debidamente acreditados.

3. Docencia, investigación e innovación sanitaria: (10 %) (4 puntos).

a) Actividade docente.

a.1) Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde: 0,2 puntos/curso académico, ata un máximo de 1 punto.

a.2) Docencia de formación sanitaria especializada ata un máximo de 1 punto:

– Xefe de estudos de formación sanitaria especializada: 0,25 puntos/ano ou a parte proporcional.

– Titor: 0,15 puntos/ano ou a parte proporcional.

– Colaborador/a docente: 0,125 puntos/ano ou a parte proporcional.

Para os efectos deste baremo, o colaborador docente é o/a profesional dos diferentes dispositivos dunha unidade docente por onde rotan os/as especialistas en formación que, sen ser titor, colabora de forma activa na súa formación, asumindo a orientación, a supervisión e o control das actividades que realicen durante as rotacións.

b) Autoría de traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboas de valoración:

b.1) Revistas científicas.

– As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas en InDICEs CSIC, IBECS, Pubmed, Web of Science (Wos), Embase, PsycINFO e catálogo Latindex. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

Tales publicacións valoraranse nos seguintes termos:

1. Artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión, revisión sistemática, meta-análise e guías de práctica clínica) publicados en revistas con factor de impacto do Journal Citation Report (JCR) ou Scimago Journal Range (SJR) na data de publicación da convocatoria: 0,40 puntos.

2. Artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión, revisión sistemática, meta-análise e guías de práctica clínica) publicados en revistas sen factor de impacto: 0,15 puntos.

3. Editoriais, cartas, artigos de opinión, técnicas e procedementos, de carácter científico ou de investigación, publicados en revistas con factor de impacto do Journal Citation Report (JCR) ou Scimago Journal Range (SJR) na data de publicación da convocatoria: 0,10 puntos.

Non serán obxecto de valoración as notas clínicas, resumos de comunicacións e casos clínicos.

b.2) Libros ou capítulos de libros.

– Capítulo de libro: 0,10 puntos.

– Libro completo: 0,30 puntos.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso.

Por non reuniren a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais así apreciados polo respectivo órgano de selección.

Por ser obxecto de valoración tal mérito noutra epígrafe do baremo, non se lles asignará ningunha puntuación nesta epígrafe ás publicacións de teses de doutoramento.

Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou en que este figure como editor.

No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación en que da documentación presentada polo/a aspirante quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación na cal interveñen un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro en que participen catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

Normas comúns de valoración de libros e revistas.

– En ningún caso poderá ser obxecto de máis dunha valoración un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.

Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación o coordinador, o director e outros colaboradores.

c) Premios de investigación:

Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, premios a comunicacións en congresos científicos e premios de recoñecido prestixio a traxectorias científicas, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto:

– Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

– Premio de ámbito nacional: 0,10 puntos.

d) Proxectos de investigación:

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación financiados por organismos públicos:

1. Como investigador principal:

– Proxectos internacionais: 2 puntos.

– Proxectos nacionais: 1 punto.

– Proxectos autonómicos: 0,30 puntos.

2. Como investigador colaborador:

– Proxectos internacionais: 1 punto.

– Proxectos nacionais: 0,30 puntos.

– Proxectos autonómicos: 0,10 puntos.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación en convocatorias competitivas financiados por organismos privados nacionais ou internacionais:

3. Como investigador principal: 0,30 puntos.

Os proxectos de investigación non competitivos non serán baremables.

Non se considerará parte do equipo investigador o persoal contratado a cargo do proxecto nin as colaboracións puntuais nel.

e) Estadías formativas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.

Para os efectos deste proceso selectivo, teñen a condición de centros de investigación os centros receptores en que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, universidade, organismos públicos de investigación (OPIS) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración pública española ou estranxeira, que conte con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.

As estadías clínicas para a mellora de habilidades ou a aprendizaxe de técnicas innovadoras, que consten debidamente acreditadas consonte o Sistema acreditador da formación continuada do Sistema nacional de saúde, serán obxecto de valoración na epígrafe de formación continuada.

f) Patentes:

– Solicitada e aceptada: 1 punto.

– En explotación: 2 puntos.

Segunda. Solicitude de inscrición

2.1. A inscrición resulta obrigatoria para todas as persoas interesadas en figurar nas listas que se elaboren para o acceso a nomeamentos estatutarios temporais desta categoría.

2.2. As persoas interesadas deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI e que, logo de formalizada electronicamente, deberán asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nas bases terceira e cuarta, respectivamente.

2.3. No formulario de inscrición farase constar expresamente a categoría a que se opta, así como o distrito ou distritos sanitarios que a persoa aspirante seleccione como opción/opcións preferente/s. De non concretar ningún, entenderase que opta por calquera deles.

2.4. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de inscrición, así como en calquera dos documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos exixidos.

2.5. As solicitudes vincularán as persoas aspirantes nos termos consignados no modelo normalizado. Non entanto, e dentro do prazo de presentación de instancias admitiranse as renuncias á inscrición, así como as modificacións que resulte necesario efectuar nalgún dos datos contidos nela.

Terceira. Lugar de presentación

O formulario de inscrición, logo de formalizado electronicamente, dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderase presentar por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarta. Prazo de presentación

4.1. Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución ata o 3 de setembro de 2021, ambos incluídos. Os méritos computables serán os causados ata o 15 de xuño de 2021 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

4.2. Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente e a súa actualización efectuarase consonte as datas e o procedemento contido na Resolución do 11 de decembro de 2018, pola que se publica o Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria.

Quinta. Ámbito de inscrición

O ámbito territorial de inscrición nestas listas será autonómico, ben que as persoas aspirantes poderán seleccionar aquel distrito e/ou distritos en que soliciten prestar os seus servizos con carácter preferente, de entre todos os que figuran no anexo III.

Sexta. Acreditación de requisitos e méritos

6.1. Cada unha das persoas interesadas en participar neste procedemento de selección deberá rexistrar no seu expediente electrónico persoal (Fides/Expedient-e) os seus datos persoais, requisitos e méritos. O acceso ao Expedient-e efectuarase a través da páxina web (www.sergas.es) na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 92, do 15 de maio).

En particular, o requisito de estar en posesión do permiso de conducir da clase B ou equivalente, debe ser rexistrado polo/a aspirante na epígrafe «outros méritos» de Fides/expedient-e.

6.2. Efectuado o rexistro electrónico dos requisitos e méritos, deberá imprimirse a solicitude de validación, que estará dispoñible en Fides/expedient-e, na epígrafe «informe».

6.3. Xunto coa solicitude de validación, deberá achegarse a documentación acreditativa dos requisitos e méritos rexistrados no formulario de inscrición Expedient-e. Tal acreditación deberá efectuala a persoa interesada mediante documento orixinal ou copia compulsada antes de que remate o prazo previsto na base cuarta, de non telo efectuado con anterioridade nun momento posterior ao 20 de xullo de 2011, suposto no cal non terá que achegarse novamente a documentación presentada, agás a que supoña actualización de méritos xa presentados.

A documentación acreditativa dos requisitos e méritos deberá dirixirse a unha unidade de validación e presentarse nalgún dos lugares previstos na base terceira desta resolución.

6.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, rexistrasen no sistema informático os seus requisitos e méritos sen presentaren a documentación correspondente, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión dentro do prazo previsto na base cuarta desta resolución para que poidan ser, se é o caso, valorados no primeiro proceso de xeración de listas.

6.5. Non será necesario acreditar documentalmente a seguinte información ao dispoñer dela esta Administración sanitaria:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación impartida pola antiga Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria xunto coa impartida pola actual Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS).

– Os datos validados no sistema informático Expedient-e. Non obstante, a Administración poderá requirir en calquera momento a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

6.6. A falta de acreditación pola persoa interesada do cumprimento dos requisitos de admisibilidade consignados na solicitude de inscrición, así como a consignación de datos falsos nela, suporá a perda do dereito a figurar inscrita na lista correspondente, sen prexuízo das demais responsabilidades que procedan.

6.7. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes para a primeira xeración de listas non se terá en conta, para este primeiro proceso, a presentación de ningún documento acreditativo de méritos.

Os méritos que non consten rexistrados en Fides/Expedient-e nin acreditados documentalmente na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de cada proceso de xeración non serán obxecto de valoración nese proceso.

Sétima. Procedemento de elaboración das listas

7.1. As listas elaboraranse de conformidade co previsto no punto 2.1 do vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria, así como segundo o disposto nas bases precedentes desta resolución.

7.2. A xeración das listas efectuarase a través do sistema informático (FIDES/Expedient-e/Procesos), ao que se accederá a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde.

7.3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde, logo do anuncio no Diario Oficial de Galicia, a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, coa asignación ás primeiras da puntuación correspondente segundo o disposto no baremo aplicable, consonte o disposto na norma 2.2 do pacto vixente, ou daquel que o substitúa.

7.4. As persoas excluídas, respecto da causa e/ou causas concretas da súa exclusión, así como as persoas admitidas, respecto dos resultados provisionais de baremación, poderán presentar reclamación ante as xerencias de área sanitaria e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

7.5. A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderase implícita na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren, con carácter definitivo as/os aspirantes excluídas/os e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitiva das persoas aspirantes admitidas nas referidas listas.

7.6. Contra a exclusión definitiva, así como contra os resultados da baremación definitiva, poderanse interpoñer os recursos administrativos e/ou xudiciais que prevexa a resolución referida no número 7.5 anterior.

Oitava. Aboamento de taxas

8.1. De conformidade co disposto na Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, como requisito necesario para participar neste proceso, as persoas aspirantes deberán aboar previamente en concepto de dereitos de inscrición nas listas o importe de 18,04 € e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, mediante ingreso ou transferencia bancaria nalgunha das sucursais das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación.

8.2. O impreso de autoliquidación, así como os códigos para a súa formalización, seranlles facilitados ás persoas interesadas nas xerencias das áreas sanitarias e estarán publicados, así mesmo, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberá figurar o selo da entidade bancaria, xunto co formulario de solicitude de inscrición, determinará a exclusión da persoa aspirante.

8.3. Así mesmo, poderase facer efectivo o aboamento da taxa pola internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. En tal caso, accederase á páxina web da Consellería de Facenda (www.conselleriadefacenda.es) e, dentro desta, á lenda «Oficina virtual tributaria». Premerase entón a lenda «Servizos de acceso libre», e logo, situándose no menú da marxe esquerda, premerase «Taxas, prezos, multas e sancións», escolléndose a opción «Pagamento telemático de taxas e prezos». Realizado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de tela aboado (modelo 730) e achegarase coa solicitude.

En ningún dos casos substituirá o dito xustificante o trámite de presentación da solicitude no tempo e na forma establecidos.

8.4. Estarán exentas do aboamento desta taxa as persoas que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como as que sexan integrantes de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de seren membros de familia numerosa de categoría xeral, terán unha bonificación do 50 %. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % as persoas que figurasen como demandantes de emprego, desde polo menos, seis meses antes da data de publicación da presente resolución, e non estivesen percibindo prestación ou subsidio por desemprego.

Tales circunstancias deberán ser acreditadas, respectivamente, mediante fotocopia compulsada da cualificación de discapacidade, a través do título oficial de familia numerosa, ou con certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

8.5. As persoas excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se aproben as listas definitivas de persoas aspirantes excluídas, para solicitar a devolución das taxas aboadas en concepto de inscrición.

Novena. Nomeamentos a tempo parcial

As persoas interesadas que soliciten a inclusión nas listas deberán facer constar no espazo habilitado no formulario de inscrición a súa voluntaria aceptación ou non ás ofertas de nomeamentos a tempo parcial que poidan xurdir na categoría e ámbito respectivo.

Na falta de consignación expresa, entenderase que a persoa aspirante non acepta voluntariamente a formalización do dito tipo de nomeamentos.

Décima. Indispoñibilidade transitoria de aspirantes

De non existiren nun distrito sanitario aspirantes dispoñibles que seleccionasen como opción preferente ese ámbito, acudirase ás persoas aspirantes que seleccionaron como preferentes os distritos limítrofes máis próximos, antes de acudir ao primeiro aspirante dispoñible por orde de puntuación na lista xeral.

Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, considéranse distritos limítrofes máis próximos os que se determinan, respecto de cada distrito, no anexo IV.

Décimo primeira. Entrada en vigor das listas

As listas que se elaboren en execución desta convocatoria entrarán en vigor na data que se indique na resolución pola que se publique a relación definitiva de persoas aspirantes excluídas e as puntuacións definitivas e a orde de prelación final das persoas aspirantes admitidas.

A publicación das listas efectuarase a través da páxina web do organismo (www.sergas.es).

O chamamento e demais características da xestión das listas serán as previstas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria e, na falta do anterior, as previstas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

Anexo II

Titulación e requisito adicional

Categoría

Titulación

Médico/a de hospitalización a domicilio

Título universitario oficial de graduado/a ou licenciado/a en medicina, xunto co título oficial de médico/a especialista en medicina familiar e comunitaria, medicina interna ou xeriatría; ou ben, de ser o caso, a certificación habilitadora prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño.

(*) Así mesmo, deberá posuír o permiso de conducir da clase B ou equivalente.

Anexo III

Distritos sanitarios que se poden seleccionar como opción preferente

1. Ferrol.

2. A Coruña.

3. Cee.

4. Santiago de Compostela.

5. A Barbanza.

6. Lugo.

7. A Mariña.

8. Monforte de Lemos.

9. Ourense.

10. Verín.

11. O Barco de Valdeorras.

12. O Salnés.

13. Pontevedra.

14. Vigo.

Anexo IV

Distritos limítrofes máis próximos

1.Para Ferrol. A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, A Barbanza e A Mariña, nesta orde.

2. Para A Coruña. Cee, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e O Salnés, nesta orde.

3. Para Cee. A Coruña, Santiago de Compostela, A Barbanza, O Salnés e Pontevedra, nesta orde.

4. Para Santiago de Compostela. A Barbanza, A Coruña, O Salnés, Pontevedra e Vigo, nesta orde.

5. Para A Barbanza. Santiago de Compostela, O Salnés, Pontevedra, Vigo e A Coruña, nesta orde.

6. Para A Mariña. Lugo, Monforte, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela, nesta orde.

7. Para Lugo. Monforte, A Mariña, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, nesta orde.

8. Para Monforte. Lugo, A Mariña, Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín, nesta orde.

9. Para Ourense. Verín, O Barco de Valdeorras, Monforte, Santiago de Compostela e Lugo, nesta orde.

10. Para Verín. Ourense, O Barco de Valdeorras, Monforte, Santiago de Compostela e Vigo, nesta orde.

11. Para O Barco de Valdeorras. Ourense, Verín, Monforte, Lugo e Santiago de Compostela, nesta orde.

12. Para O Salnés. Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, A Barbanza e A Coruña, nesta orde.

13. Para Pontevedra. O Salnés, Vigo, Santiago de Compostela, A Barbanza e Ourense, nesta orde.

14. Para Vigo. Pontevedra, O Salnés, Santiago de Compostela, Ourense e A Barbanza, nesta orde.

Anexo V

Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

Acreditarase, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio con competencias en materia de educación ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo/a aspirante e data en que se causaron. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e os créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro (UE) achegarase, xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo Ministerio de Educación español.

O expediente académico e as cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

Supostos específicos.

a) A acreditación da formación máster efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da universidade en que conste que o/a aspirante superou a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECTs asignados á dita actividade formativa.

Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditada a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación da respectiva universidade na cal se farán constar expresamente o cargo docente, o tipo de vinculación, o departamento ou área de coñecemento en que se impartiu a docencia e as datas de inicio e fin da vinculación.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado o mérito.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso en que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinataria/s.

No suposto de cursos acreditados pola Comisión nacional ou autonómica de formación continuada deberá constar o logotipo da respectiva comisión e, ademais, o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007.

Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que conste o número de créditos, número de expediente e logotipo da Comisión de formación continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos, ademais, aqueles diplomas asinados dixitalmente por Dixital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto, deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa, que conterá toda a información exixida neste punto.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro das ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos en que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección resérvase o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante na cal deberá constar o contido da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito

c) Formación especializada

No suposto de titulacións obtidas en España, acreditarase tal mérito mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio español competente ou certificación emitida pola respectiva Comisión de docencia ou Rexistro nacional de especialistas en formación do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de ter completado o período de formación conducente á obtención do título da respectiva especialidade, que deberá indicar a data de superación.

No suposto de titulacións obtidas noutros Estados da Unión Europea, achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo Ministerio español competente.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo Ministerio español competente.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

d) Docencia de formación sanitaria especializada

Acreditarase mediante certificación asinada pola Comisión de docencia do centro onde se impartiu esta, en que deberán constar expresamente os períodos de desenvolvemento de tal actividade e condición en que se impartiu aquela.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito

e) Experiencia profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente, na cal deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa, na cal deberá constar a información arriba indicada, ou contrato laboral. En ambos os supostos, xunto coa citada documentación deberá presentarse un informe de vida laboral emitido polo INSS.

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a natureza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso, a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas concertadas, deberá quedar debidamente acreditads no certificado a existencia dun concerto co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto, tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditada no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

A actividade de investigación acreditarase mediante copia compulsada do contrato ou nomeamento administrativo en que conste a súa vinculación como persoal investigador, datas de inicio e fin e a pertenza ao sistema sanitario público da institución sanitaria por cuxa conta e dependencia se realiza a actividade de investigación. Noutro suposto, tal mérito non será obxecto de valoración.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

Puntuación específica por conciliación

As situacións de permiso por paternidade e maternidade, redución de xornada por motivos familiares e excedencia por coidado de fillos/as e familiares acreditaranse mediante certificación da súa concesión expedida pola dirección do centro, en que deberán constar as datas de inicio e fin.

O persoal fixo ou temporal que nos últimos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria viñese prestando os seus servizos no Servizo Galego de Saúde non terá que presentar ningunha documentación acreditativa de tales situacións.

f) Publicación de traballos científicos e de investigación

Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Revistas científicas indexadas en InDICEs CSIC, IBECS, Web of Science (Wos), Embase, PsycINFO e catálogo Latindex. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivo de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais, deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

g) Premios de investigación

Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

h) Proxectos de investigación

A participación como investigador principal nun proxecto de investigación acreditarase mediante copia da publicación oficial da resolución de convocatoria, sempre que consten os datos necesarios para identificar o proxecto e o investigador, ou certificado de participación expedido polo organismo financiador, en que consten os datos identificativos do interesado e do proxecto en que participa.

A participación como investigador colaborador acreditarase mediante a presentación da copia de resolución de convocatoria se nela consta tal participación. O/a aspirante deberá constar como parte do equipo investigador definido no documento de solicitude do proxecto ou en documento posterior que así o acredite no caso de que haxa cambios no equipo investigador ao longo da súa vixencia.

No suposto de que o organismo convocante non expida certificados de participación, deberá achegarse certificado asinado polo investigador principal en que conste a identidade dos/das colaborador/es, notificación acreditativa de concesión do proxecto ao investigador principal expedida polo organismo e copia do proxecto orixinal enviado á convocatoria en que deberá constar a identidade dos investigadores colaboradores.

Noutro suposto, non se entenderán debidamente acreditados tales méritos.

i) Estadías formativas

Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía (director do centro) ou do organismo público concedente da axuda (no caso de estadías financiadas no marco dun programa de recursos humanos), en que se fagan constar o obxecto da estadía e as datas de inicio e fin.

Non serán tidas en conta as rotacións externas realizadas durante o período formativo da respectiva especialidade.

j) Patentes

As patentes solicitadas e aceptadas acreditaranse coa inscrición no Rexistro de Patentes.

As patentes que se encontren en explotación acreditaranse coa achega do acordo de explotación da patente.

k) Outros requisitos

O requisito de estar en posesión de permiso de conducir da clase B ou equivalente deberá rexistralo o/a aspirante na epígrafe “outros méritos” de Fides/expedient-e

A súa acreditación efectuarase coa entrega de copia compulsada/auténtica de tal permiso.

l) Compulsa de documentos

As copias dos documentos acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas/autenticadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por un notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

m) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán achegarse coa súa tradución para o castelán ou galego, que deberá efectuar:

a) Un tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) A representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

Anexo VI

Instrucións de acceso ao expediente electrónico (FIDES)

A Oficina Virtual do Profesional (FIDES) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais cos que mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, configurándose como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.

O acceso a FIDES poderase realizar desde:

– A internet (profesionais do Servizo Galego de Saúde e procedentes doutros servizos autonómicos de saúde)

– A intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).

1. Acceso desde a internet.

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde, así como os que procedan doutro servizo de saúde autonómico, poderán acceder desta forma a FIDES a través do enderezo http://fides.sergas.es.

É requisito indispensable dispoñer dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es), ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o usuario xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do usuario mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dun lector de tarxetas. Non se requirirá lector de tarxetas unicamente no suposto de dispoñer dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipamento.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde, así como aqueles profesionais procedentes doutros servizos de saúde que nalgún momento do pasado tivesen algún tipo de vinculación co citado organismo, serán o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (FIDES).

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo co Servizo Galego de Saúde serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a FIDES, solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.

O acceso a FIDES desde a internet sen certificado dixital pode efectuarse a través do enderezo http://fides.sergas.es, mediante o sistema Chave365, que permite aos/ás cidadáns/cidadás maiores de idade identificarse tanto en FIDES como na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Pódese atopar toda a información relativa ao sistema Chave365 neste enderezo: https://sede.xunta.gal/chave365

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía so estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa do citado organismo.

Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de FIDES, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico.

O acceso a FIDES realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura á disposición dos aspirantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados en que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación que hai que achegar.

Anexo VII

Concellos con condición de illamento

Área Sanitaria

Concello

A Coruña e Cee

Cabana de Bergantiños

Camariñas

Laxe

Ponteceso

Zas

Ferrol

Cariño

Mañón

Monfero

Ortigueira

Santiago de Compostela e A Barbanza

Boimorto

Toques

Santiso

Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Alfoz

Barreiros

Cervantes

Folgoso do Caurel

Fonsagrada (A)

Lourenzá

Mondoñedo

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Nogais (As)

Pedrafita do Cebreiro

Pontenova (A)

Quiroga

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riotorto

Trabada

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Avión

Beariz

Bolo (O)

Calvos de Randín

Chandrexa de Queixa

Entrimo

Gudiña (A)

Lobios

Manzaneda

Mezquita (A)

Montederramo

Muíños

Padrenda

Pobra de Trives (A)

Pontedeva

San Xoan de Río

Veiga (A)

Viana do Bolo

Vilariño de Conso

Vigo

Arbo

Crecente

Covelo (O)

Fornelos de Montes

Pazos de Borbén

Oia