Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34862

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 28 de xuño de 2021 de incremento do crédito previsto na Orde do 29 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209H).

BDNS (Identif.): 547200.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Con base no artigo 30.2.b) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acórdase ampliar o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto.

O importe total do citado incremento é de vinte e dous mil cincocentos euros (22.500,00 €), consignado na aplicación orzamentaria 15.03.723A.770.1, código de proxecto 201600293. Queda o crédito destinado a estas axudas por un importe máximo total de trescentos vinte e dous mil cincocentos euros (322.500,00 €), nunha única anualidade 2021. O dito incremento de crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito.

A publicación desta orde non supón apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Bases reguladoras

Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar