Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34872

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para aquela persoa aspirante que tivo contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19.

En sesión que tivo lugar o 5 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 188, do 16 de setembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro de 2019), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o 13 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, núm. 2-4, en Santiago de Compostela.

A persoa aspirante que realizará este exercicio é a que acreditou suficientemente as circunstancias descritas antes da realización do exercicio do día 13 de xuño de 2021.

Os criterios que rexerán para a corrección, valoración e superación do exercicio serán os mesmos que acordou o tribunal o día 26 de maio de 2021 e que foron publicados na páxina web de Función Pública.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo con tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas dun proceso selectivo establecidas no Protocolo de actuacións para a realización de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2021

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal