Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34871

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19.

En sesión que tivo lugar o día 5 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro de 2020), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm.197, do 29 de setembro) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición para as persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19, terá lugar o día 14 de xullo de 2021, ás 16.00 horas na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

Lémbrase ás persoas aspirantes que os criterios de corrección, valoración e superación deste primeiro exercicio xa foron establecidos por resolución deste tribunal con data do 8 de xuño de 2021.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal