Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34869

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Unha vez recibido o informe-proposta motivado da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, formulado mediante escrito do 22 de xuño de 2021, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, en sesión que tivo lugar o día 25 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado por Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas a todas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 29 de marzo de 2021 da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 62, do 5 de abril).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

Segundo. Declarar, do mesmo xeito, apta no dito curso e de acordo coa mesma proposta, a Marta Ramos Pena (***2556**) participante neste curso, e que foi incorporada a este por Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (a subdirectora xeral de Apoio Técnico-Xurídico por Resolución do 10 de xuño de 2018) do 26 de xullo de 2018, tras ter superado a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas (DOG núm. 238, do 15 de decembro).

A orde de prelación de Marta Ramos Pena será a que lle corresponda atendendo á puntuación obtida na fase de oposición do seu correspondente proceso selectivo.

Terceiro. Propoñer ás persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021

Mónica López González
Presidenta suplente do tribunal

ANEXO

Acceso libre

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

***4386**

Serramito Calvo, Cristina

2

***2601**

Pérez González, Óscar

3

***1890**

Agrelo Carballeda, Silvia

4

***5004**

Iglesias Fernández, Verónica

5

***8508**

Moreno Veloso, María Sonia

6

***2273**

Vázquez Regueiro, María Dolores

7

***7892**

Jiménez Acevedo, Jenifer

8

***2556**

Ramos Pena, Marta

9

***5987**

Seoane Fernández, Julián

10

***4766**

Martínez Nieto, Eva

11

***5589**

Grela Carballeira, Irene