Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34868

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 5 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para as persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19.

En sesión que tivo lugar o día 5 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, e modificado pola Resolución do 6 de outubro de 2020, encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, acordou:

Que o primeiro exercicio para as persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19 terá lugar o día 14 de xullo de 2021, ás 16.00 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal