Na sesión celebrada o día 2.6.2021, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:
– Monte de Pico do Moroto (exp. 53/75), pertencente aos veciños da parroquia de Canedo; e monte Munxidoira, Travesa, Valdalousa, Carboeiro e Chao da Gándara (exp. 5/75), pertencente aos veciños de Airavella, Pumar e Rúa do Pozo, da parroquia de Outara, ambos no concello da Pobra do Brollón.
O 16.1.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 9.2.2021), asinada polo presidente da comunidade de Canedo, relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 12.3.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_2) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado.
O MVMC Pico do Moroto pasa a ter unha superficie de 98 hectáreas; e o MVMC Munxidoira, Travesa, Valdalousa, Carboeiro e Chao da Gándara, de 190 hectáreas.
– Monte de Cebres (exp. 30/77), pertencente aos veciños do lugar de León, na parroquia de León; e monte de Portomarín (exp. 18/75), pertencente aos veciños das parroquias de San Nicolao e San Pedro, ambos montes no concello de Portomarín.
O 22.7.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de León, de aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Portomarín e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 26.11.2020, o Servizo de Montes emite un informe (2020_31) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Cebres pasa a ter unha superficie de 44 hectáreas; e o MVMC Portomarín, de 373 hectáreas.
– Monte de Caxigal, Gándara, Cotón e Seara (exp. 27/78), pertencente aos veciños da parroquia de Páramo, no concello de Castroverde; e monte de Caxigal de San Martiño (exp. 15/78), pertencente aos veciños dos lugares Coedo, Seoane, Vilacorbe e Coto, na parroquia de San Martiño de Folgosa, no concello do Corgo.
O 19.10.2020 foi presentada unha solicitude, asinada pola presidenta da comunidade de Páramo, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz do Corgo e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 8.1.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_49) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Caxigal, Gándara, Cotón e Seara pasa a ter unha superficie de 152,69 hectáreas; e o MVMC Caxigal de San Martiño, de 131 hectáreas.
– Monte de Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada (exp. 44/75), pertencente aos veciños de Lama da Vila, na parroquia de Santo André; e monte de Monte Redondo e Serra da Escrita (exp. 99/75), pertencente aos veciños de Castiñeiras, Fonte do Cando e Santo André e Vilar, da parroquia de Santo André, ambos montes no concello das Nogais.
O 14.12.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Lama da Vila, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz das Nogais e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 9.2.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_58) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC de Monte Redondo, Fonte do Marco e Pena Forcada pasa a ter 133 hectáreas; o MVMC Monte Redondo e Serra da Escrita, de 366 hectáreas.
– Monte Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio (exp. 26/79), pertencente aos veciños da parroquia de Cadramón, no Valadouro; e monte Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa (exp. 123/77), pertencente aos veciños da parroquia de Montouto, en Abadín.
O 17.11.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Cadramón, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Abadín e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 14.1.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_51) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio pasa a ter unha superficie de 2436 hectáreas; e o MVMC Testelo, Costa do Sol, Real e Xunto da Igrexa, de 1635 hectáreas.
– Monte Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio (exp. 26/79), pertencentes aos veciños da parroquia de Cadramón, no Valadouro; e monte Cabaleiro (exp. 82/78), pertencente aos veciños da parroquia de Silán, en Muras.
O 15.12.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 25.2.2021), asinada polo presidente da comunidade de Cadramón, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Muras e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 29.3.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_62) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio pasa a ter unha superficie de 2445 hectáreas; e o MVMC Cabaleiro, de 144 hectáreas.
– Monte Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio (exp. 26/79), pertencentes aos veciños da parroquia de Cadramón, no Valadouro; e monte Tenente e Xistral (exp. 83/78), pertencente aos veciños dos lugares Porromeo, Restrebada, Forcós, Curro, e outros da parroquia do Viveirón, en Muras.
O 15.12.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 25.2.2021), asinada polo presidente da comunidade de Cadramón, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Muras e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 8.4.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_63) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Xesto, Campo do Carballido, Porto do Río, Rego da Poltra, Veiga de Lamas, Cadramón e Monte Rubio pasa a ter unha superficie de 2447 hectáreas; e o MVMC Tenente e Xistral, de 591 hectáreas.
– Monte Campos de Vila (exp. 27/73), pertencentes aos veciños de Campos de Vila, Lamela, Revide e Toca, na parroquia de Hospital; monte Campodola (exp. 107/75), pertencente aos veciños de Campodola, na parroquia de Hospital; e monte Campa e Ferreiriños (exp. 122/75), pertencente aos veciños de Arxubín e Barxa, da parroquia de Hospital, todos eles no concello de Quiroga.
O 21.12.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Campos de Vila, Lamela Revide e Toca, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 18.5.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_67) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Campos de Vila pasa a ter unha superficie de 502 hectáreas; o MVMC Campodola, de 391 hectáreas; e o MVMC Campa e Ferreiriños, de 532 hectáreas.
– Monte da Pía-Valiña Longa (exp. 101/75), pertencente aos veciños da Pía, na parroquia de Noceda; e monte Valiña dos Bois-Searas do Couso do Coxo (exp. 105/75), pertencente aos veciños de Casas da Serra, da parroquia de Noceda, ambos montes no concello das Nogais.
O 14.12.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 30.3.2021), asinada polo presidente da comunidade da Pía, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz das Nogais e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 23.4.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_59) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC A Pía-Valiña Longa pasa a ter 158 hectáreas; o MVMC Valiña dos Bois-Searas do Couso do Coxo, 88 hectáreas.
– Monte A Pía-Valiña Longa (exp. 101/75), pertencente aos veciños da Pía, na parroquia de Noceda; e monte Ferreiras (exp. 102/75), pertencente aos veciños de Ferreiras, da parroquia de Noceda, ambos montes no concello das Nogais.
O 14.12.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade da Pía, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz das Nogais e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 29.4.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_60) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC A Pía-Valiña Longa pasa a ter 155 hectáreas; e o MVMC Ferreiras, 146 hectáreas.
– Monte Brañas e Searas Doutro Lado (exp. 106/75), pertencente aos veciños de Brañas, na parroquia de Noceda; e monte Ferreiras (exp. 102/75), pertencente aos veciños de Ferreiras, da parroquia de Noceda, ambos montes no concello das Nogais.
O 14.12.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Ferreiras, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Aporta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz das Nogais e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.
O 18.5.2021, o Servizo de Montes emite un informe (2020_61) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Brañas e Searas Doutro Lado pasa a ter 184 hectáreas; e o MVMC Ferreiras, 156 hectáreas.
Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun (1) mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous (2) meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 17 de xuño de 2021
María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo