Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35190

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (823/2020).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente anuncio que no xuízo verbal seguido neste Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense co número 823/2020, por instancia de Wind to Market, S.A. fronte a José Manuel Olivo Durán, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Estimar a demanda presentada pola procuradora Sra. Álvarez Coscolín, en representación de Wind to Market, con CIF A84000884, contra José Manuel Olivo Durán, con NIE Y-1954308-N, en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante o importe de novecentos oitenta e un euros con vinte e nove céntimos de euro (981,29 €), máis os xuros de demora do 7 % equivalente anual respecto de cada unha das facturas non aboadas, e dende a data que correspondía de pagamento a cada unha das facturas, e os xuros do artigo 576 da LAC desde o ditado da presente sentenza, pero sen imposición de custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que na súa contra non cabe recurso de apelación».

E ao estar o devandito demandado, José Manuel Olivo Durán, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 23 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza