Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35189

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (901/2019).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial se tramita xuízo verbal 901/2019, seguido por instancia de María Delmira Paz Paz, contra Francisco Díaz Pereira, sobre reclamación de cantidade, en que, por Resolución do 1 de setembro de 2020, se acordou:

«Sentenza 130/2020.

Ourense, 1 de setembro de 2020

Vistos por min, sen celebración de vista, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número indicado, sobre reclamación de cantidades debidas por contrato de arrendamento, cinco mil cento trinta e seis euros con cincuenta céntimos de euro (5.136,50 €), en que foron partes, como demandante, María Delmira Paz Paz, con DNI 34527933B, que compareceu representada pola procuradora Sra. Sousa Rial e asistida pola letrada María Álvarez Rodríguez, contra Francisco Díaz Pereira, con DNI 34926828V, en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido:

Estimar na súa totalidade a demanda presentada por María Delmira Paz Paz, con DNI 34527933B, representada pola procuradora Sra. Sousa Rial, contra Francisco Díaz Pereira, con DNI 34926828V, en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a pagarlle á demandante o importe de cinco mil cento trinta e seis euros con trinta céntimos de euro (5.136,30 €).

Á dita contía élle de aplicación o disposto no artigo 576 da LAC.

Coa imposición das custas procesuais».

Ourense, 4 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza