Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35181

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 7 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade á resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (CS2102).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

CS2102. Profesor/a asociado/a cc. da saúde (anexo).

A información completa pode consultarse na Sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando, «emprego» e logo «concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 7 de xullo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciado/a graduado/a en Medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420702 Prácticas de Tecnoloxía Hospitalaria

Observacións:

Prácticas de Tecnoloxía Hospitalaria: organización e dirección de actividades prácticas nos servizos hospitalarios para estudos de grao universitario. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en Radioloxía, Medicina Nuclear, Oncoloxía Radioterapia, Radiofísica Hospitalaria, Intensivos, Anestesioloxía, Neurofisioloxía, Neumoloxía, Cirurxía Torácica, Nefroloxía, Uroloxía, Cardioloxía, Cirurxía Cardíaca, Cirurxía Vascular, Endocrinoloxía, Análises Clínicas, Inmunoloxía, Anatomía Patolóxica, Microbioloxía, Hematoloxía, Aparato Dixestivo, Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Medicina Física e Rehabilitación, Reumatoloxía, Neuroloxía, Neurocirurxía, ORL, Oftalmoloxía, Xinecoloxía, Pediatría, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Plástica

Praza nº 2

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-02

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Enxeñeiro/a da rama industrial ou graduado/a en Enxeñaría Industrial

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420702 Prácticas de Tecnoloxía Hospitalaria

Observacións:

Prácticas de Tecnoloxía Hospitalaria: instalacións hospitalarias. Persoal pertencente ao CHUVI con especialización no mantemento de instalacións e equipamento médico/hospitalario

Praza nº 3

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-03

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciado/a Graduado/a en Medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420602 Enxeñaría Clínica e Hospitalaria

Observacións:

Enxeñaría Clínica e Hospitalaria: organización e xestión dos sistemas de sáude e xestión do equipamento, seguridade e calidade. Persoal pertencente ao CHUVI con categoría en Admisión e Documentación Clínica

Praza nº 4

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-04

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciado/a graduado/a en Medicina, Enfermería, Dereito e con titulación de máster oficial en Bioética de 60 ECTS ou superior, nas tres titulacións

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420602 Enxeñaría Clínica e Hospitalaria

Observacións:

Enxeñería Clínica e Hospitalaria: marco legal e regulatorio xeral hospitalario e de dispositivos, ética no ámbito hospitalario. Persoal pertencente ao CHUVI con formación en Bioética (titulación de máster oficial en Bioética ou similar de 60 ECTS ou superior)

Praza nº 5

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-05

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciado/a graduado/a en Medicina, licenciado/a graduado/a en Física

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420602 Enxeñaría Clínica e Hospitalaria

Observacións:

Enxeñaría Clínica e Hospitalaria: avaliación de tecnoloxías sanitarias, hixiene e esterilización, radiacións ionizantes, protección radiolóxica. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en Medicina Preventiva ou Radiofísica Hospitalaria

Praza nº 6

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-06

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciado/a graduado/a en Medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420603 Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria

Observacións:

Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: imaxe médica e fundamentos físicos. Tecnoloxía de radiación. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en: Radioloxía, Medicina Nuclear, Oncoloxía Radioterapia

Praza nº 7

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-07

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciado/a graduado/a en Enxeñaría Informática

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420603 Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria

Observacións:

Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: sistemas de información hospitalarios e HCE. Persoal do CHUVI con categoría profesional de informática

Praza nº 8

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-08

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciado/a graduado/a en Medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420603 Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria

Observacións:

Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: equipos de instrumentación diagnóstica e de apoio vital. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en: Intensivos, Anestesia, Neurofisioloxía, Cardioloxía, Neumoloxía, Nefroloxía e Pediatría con acreditación recoñecida na área de capacitación específica de coidados intensivos pediátricos ou neonatolóxicos

Praza nº 9

Referencia:

CS2102-C01-610-AC-P3-09

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

Licenciado/a graduado/a en Medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

Tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Industrial] (Campus de Vigo):

G420603 Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria

Observacións:

Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: sistemas de apoio á intervención, tecnoloxía de quirófano, sistemas de navegación e imaxe médica invasiva. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en: Neurocirurxía, Cirurxía Cardíaca, C. Xeral e Aparato Dixestivo, C. Vascular, Uroloxía, C. Pediátrica, C. Torácica, Traumatoloxía, C. Plástica