Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 12 de xullo de 2021 Páx. 35315

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8.1.2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24.1.2020.

En virtude da Orde do 1.3.2018 (DOG núm. 48, do 8.3.2018) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Pola Resolución do 29.3.2021 (DOG núm. 62, do 5.4.2021) foron nomeadas persoal funcionario en prácticas da dita escala as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 25.6.2021 (DOG núm. 129, do 8.7.2021).

Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base V.7 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Asemade, neste anexo I inclúese a Marta Ramos Pena (***2556**), pola orde de prelación que lle corresponde atendendo á puntuación obtida na fase de oposición do proceso selectivo convocado por Orde do 2.12.2016 para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas (DOG núm. 238, do 15.12.2016) e que foi incorporada, e resultou apta, ao período de prácticas por Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (a subdirectora xeral de Apoio Técnico-Xurídico por Resolución do 10 de xuño 2018) de data 26 de xullo 2018.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 999 883, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, á que deberán achegar a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4.5.2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no emderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde elección destino

DNI

Apelidos e nome

1

***4386**

Serramito Calvo, Cristina

2

***2601**

Pérez González, Óscar

3

***1890**

Agrelo Carballeda, Silvia

4

***5004**

Iglesias Fernández, Verónica

5

***8508**

Moreno Veloso, María Sonia

6

***2273**

Vázquez Regueiro, María Dolores

7

***7892**

Jiménez Acevedo, Jenifer

8

***2556**

Ramos Pena, Marta

9

***5987**

Seoane Fernández, Julián

10

***4766**

Martínez Nieto, Eva

11

***5589**

Grela Carballeira, Irene

ANEXO II
Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Nivel

1

FCA291000015001168

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Delegación A Coruña

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

A Coruña

A1, A2

25

2

FCA291000032001135

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Delegación Ourense

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Ourense

A1, A2

25

3

FCA291000036001087

Xefatura de equipo

FC

Delegación Pontevedra

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Pontevedra

A1, A2

25

4

FCA291000036001166

Xefatura de equipo

FC

Delegación Pontevedra

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Pontevedra

A1, A2

25

5

FCA291000036560225

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Vigo

A1, A2

25

6

FCA291000036560226

Subxefatura Unidade de Inspección

FC

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Vigo

A1, A2

25

7

FCC030000315770007

Técnico/a de auditoría

FC

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1, A2

25

8

FCC030000315770009

Técnico/a de auditoría

FC

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

A1, A2

25

9

FCC040000415770007

Analista de custos de persoal I

FC

S. X. de Custos de Persoal

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

10

FCC040000415770016

Analista de custos de persoal

FC

S. X. de Custos de Persoal

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

A1, A2

25

11

FCA291000036001086

Técnico/a tributario/a subgrupo A2

FC

Delegación Pontevedra

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Pontevedra

A2

24