Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 12 de xullo de 2021 Páx. 35313

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, na totalidade das quendas, no corpo facultativo de grao medio, escala de servizos sociais, especialidade enfermaría, subgrupo A2, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 24 de maio de 2021, o tribunal do corpo facultativo de grao medio, escala servizos sociais, especialidade enfermaría da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 63, 66, 73, 82, 106 do primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o 14 de marzo de 2021. Estas preguntas son substituídas polas preguntas de reserva número 154, 155, 156 e 157.

A pregunta 147 xa foi anulada e substituída durante a realización do exame, pola pregunta 158, ao detectarse un erro nas respostas posibles.

Segundo as reclamacións presentadas, o tribunal acordou anular cinco preguntas teóricas da parte especial, sendo o número de preguntas teóricas da parte especial de reserva, catro. En consecuencia, procedeuse a valorar o primeiro exercicio sobre un total de 149 preguntas (40 da parte xeral e 109 da parte especial-94 teóricas e 15 prácticas) e non 150 como se establecía inicialmente.

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións presentadas ao primeiro exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como nos criterios de corrección acordados polo tribunal na sesión do 24 de febreiro de 2021, superarán o primeiro exercicio do proceso as pesonas que cumpran cos requisitos alí sinalados.

Terceiro. O tribunal reuniuse o 28 de maio co fin de corrixir o primeiro exercicio e acorda publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio, escala servizos sociais, especialidade enfermaría, subgrupo A2, segundo os requisitos mínimos previamente establecidos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria e nos criterios de corrección acordados polo tribunal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2021

Jesús Figueroa Rodríguez
Presidente do tribunal