Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 12 de xullo de 2021 Páx. 35312

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)
no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG número 127, do 6 de xullo de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 34500, na sinatura, onde di:

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Debe dicir:

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria