Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35630

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 22 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2021 as axudas para proxectos de I+D relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, programa Conecta COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852D-organismos de investigación), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

BDNS (Identif.): 573935.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

• Organismos de investigación e difusión de coñecementos cando participen en proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental en colaboración efectiva con empresas, nos termos previstos no Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01). A axuda recibida non pode destinarse ao financiamento de actividades de natureza económica.

As entidades beneficiarias deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda.

Segundo. Finalidade

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación no marco do programa Conecta COVID para proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental (liña 1) que aborden a investigación relacionada coa COVID-19 para facer fronte á pandemia.

Nestes proxectos poderá incluírse a investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, produtos sanitarios e equipos hospitalarios e médicos, desinfectantes e roupa e equipamentos de protección, así como as innovacións de procesos pertinentes con vistas a unha produción eficiente dos produtos necesarios.

Ademais de facer fronte á pandemia, os proxectos deberán contribuír á transición dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de innovación: DIHGIGAL e Datalife e estar orientados á recuperación da economía galega. Deste xeito, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais ás cales se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.

No marco do dobre obxectivo que deberán ter os proxectos, facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital favorecendo a recuperación económica de Galicia, estes ademais terán que:

• Estar orientados ao apoio ás pemes galegas. As empresas grandes, sempre que exerzan un efecto tractor sobre as pemes, poderán acceder a estas axudas. Este efecto tractor deberá xustificarse.

• Contribuír á transición/transformación dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de innovación dixital: DIHGIGAL e Datalife. Neste senso, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais ás cales se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.

• Estar orientados ao mercado e á mellora da competitividade das pemes galegas, especialmente nos sectores máis castigados pola crise da COVID-19, permitindo unha implementación e posta en marcha de resultados concretos no tecido galego.

• De xeito complementario, tamén será tida en conta a contribución dos proxectos con outros ámbitos estratéxicos como a transición verde da economía galega, así como a integración dun enfoque da I+D+i «con» e «para» as persoas, no marco da innovación responsable, en liña cos ODS (obxectivos de desenvolvemento sustentable) e na cal a perspectiva de xénero estea incluída.

Ademais os proxectos:

• Poderán desenvolverse de xeito individual ou en colaboración efectiva formando unha agrupación. O seu orzamento mínimo será de 150.000 euros e o máximo de 1.000.000 €.

• Ser anuais ou plurianuais e nunca estar rematados materialmente antes da data de presentación da solicitude. Os proxectos non poden terse iniciado antes do 1 de febreiro de 2020.

No artigo 3 inclúese o detalle do resto de requisitos que deberán cumprir os proxectos.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

O importe total da convocatoria é de 4.000.000 €, coa seguinte distribución anual:

Eixe

OE

Beneficiarios

Aplicación

orzamentaria

2021 (€)

2022 (€)

2023 (€)

Total

1

OE 20.1.1- OE REACT-UE 1

Empresas pemes

06.A2.561A.770.0

Total

840.000

840.000

240.000

1.920.000

Liña 1 (IN852D)

490.000

490.000

140.000

1.120.000

Liña 2 (IN852E)

350.000

350.000

100.000

800.000

1

OE 20.1.1- OE REACT-UE 1

Empresas grandes

06.A2.561A.770.0

Total

420.000

420.000

120.000

960.000

Liña 1 (IN852D)

245.000

245.000

70.000

560.000

Liña 2 (IN852E)

175.000

175.000

50.000

400.000

1

OE 20.1.1- OE REACT-UE 1

Organismos de investigación e difusión

06.A2.561A.781.0

Total

490.000

490.000

140.000

1.120.000

Liña 1 (IN852D)

490.000

490.000

140.000

1.120.000

Total

4.000.000 €

As axudas da presente convocatoria serán susceptibles de financiamento no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no eixe REACT-UE (obxectivo específico OE 20.1.1- OE REACT-UE 1) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, contribuíndo ao indicador CV33: «Entidades axudadas na loita contra a COVID». A taxa de financiamento Feder será do 100 %.

As axudas que se concedan ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, como unha porcentaxe do investimento subvencionable dentro dos límites de intensidade que se indican a continuación:

Proxectos en colaboración efectiva (liña 1-IN852D).

Segundo a categoría da participación de cada membro da agrupación no proxecto:

Categoría da participación de cada entidade no proxecto

Organismo de investigación (2)

Proxectos de investigación industrial

100 %

Proxectos de desenvolvemento experimental

100 %

(2) Deberán participar en colaboración efectiva con empresas.

A intensidade de axuda deberá determinarse para cada entidade beneficiaria, de acordo ao establecido nesta táboa, segundo a súa categoría de participación no proxecto.

Serán subvencionables os custos executados a partir do 1 de xaneiro de 2021 e ata o 30 de abril de 2023.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación