Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publican as resolucións dos recursos contra a revisión de esbozo do monte Vilarín e Cortiñas, do concello de Láncara (expediente 99/79).

En relación co monte Vilarín e Cortiñas (exp. 99/79), pertencente aos veciños de Vilarín de Cedrón, no concello de Láncara, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 2.6.2021, figuran os seguintes acordos:

– O 24.8.2020 tivo entrada un recurso extraordinario de revisión, asinado por José García Martínez, para que se declare nulo o acordo do Xurado do 10.6.2020, de revisión do esbozo do MVMC Vilarín e Cortiñas. En síntese, manifesta o seguinte:

Que se lle comunicou a resolución de revisión de esbozo con data 23.6.2020 e que nese momento procedeu a solicitar copia do expediente ao Servizo de Montes.

Que non puido presentar o recurso de reposición dentro do prazo establecido debido a que non tivo a tempo a información do expediente solicitada.

Que a revisión do esbozo do MVMC unicamente vén avalada polo informe técnico presentado polo solicitante, e que non está avalado por ningún fundamento nin documentación, a pesar de ser solicitada polo propio Xurado en escrito notificado o 17.6.2019 á comunidade de Vilarín.

Solicita que se anule o acordo de revisión do esbozo do MVMC Vilarín e Cortiñas adoptado na sesión do 10.6.2020, e sexan reincorporadas de novo ao MVMC as parcelas 27026A017017880000ZF, 27026A017017870000ZT, 27026A017010140000ZG, 27026A017017890000ZM, 27026A017018760000ZY, 27026A017012190000ZX e 27026A017017920000ZM.

Examinado o devandito recurso, o Xurado, por unanimidade, acorda non admitilo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

– O 24.8.2020 tivo entrada un recurso de reposición, asinado por José A. García Díaz, contra o acordo do Xurado do 10.6.2020, de revisión de esbozo do monte veciñal. En síntese, manifesta non estar de acordo coa dita revisión por entender que se excluíron, sen xustificación, parcelas que sempre foron do monte; e solicita a reincorporación das parcelas á superficie do MVMC.

Examinado o devandito recurso, presentado fóra do prazo concedido, o Xurado, por unanimidade, acorda non admitilo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra estas resolucións, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 24 de xuño de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo