Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35678

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), con corrección de erros no DOG núm. 117, do 20 de xuño de 2018; e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 16 de xuño de 2021 (DOG núm. 120, do 25 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais segundo o disposto na base IV.6 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día 19 de xullo de 2021.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgr.

Nivel

1

***3266**

Val Mouriño, Diego

 

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

2

***7318**

Sotelino Álvarez, Víctor Manuel

12

MRC991070132001006

Xefatura área técnica II

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

26

3

***8150**

Álvarez Rodríguez, José Manuel

17

MRC991080136001002

Xefatura área defensa contra incendios

MR

Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1, A2

26

4

***9238**

González López, José

21

MRC995011032190003

Técnico/a distrito II

MR

Distrito Forestal: XI - O Ribeiro - Arenteiro

Servizos Periféricos

O Carballiño

A1, A2

25

5

***9558**

Fernández Coroas, Pablo

9

MRC030000215770037

Xefatura unidade técnica estudos e formación

MR

S. X. de Extinción

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Santiago de Compostela

A1, A2

25

6

***0445**

Martínez Álvarez, Víctor Manuel

13

MRC991070132001007

Xefatura unidade técnica I

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

25

7

***2224**

González Fernández, Manuel

15

MRC991070132001035

Xefatura unidade técnica IV

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

25

8

***7070**

Casal Pereira, Bran

 

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público