Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35675

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 16 de xuño de 2021 (DOG núm. 120, do 25 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais segundo o disposto na base IV.6 os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día 19 de xullo de 2021.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgr.

Niv.

Titulación

1

***3771**

Fernández Sierra, Beatriz

18

IVA191000015001016

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

A Coruña

A2

22

 

2

***3926**

Melchor López, Jacobo

26

MAA992000027001017

Sección técnica

IV

Demarcación Bacías Intercomunitarias (Lugo)

Augas de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

A2

25

Enxeñería técnica de Obras Públicas

3

***5170**

Rico Díaz, Adrián

20

IVA191000032001060

Xefatura sección técnica I

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega e Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos)

Ourense

A2

25

 

4

***5836**

González Arias, Luis

16

IVA100000315770160

Xefatura sección técnica

IV

Área de Construción, Explotación e Seguridade Viaria

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

 

5

***4914**

Vázquez Novo, Diego

 

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público