De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica nos expedientes sancionadores, devoltos polo servizo de Correos porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar.
Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, se desexan examinar os expedientes e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante, á súa elección, o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición teñan o seu domicilio as persoas demandantes ou o de Santiago de Compostela, entendéndose limitada esta posibilidade de elección aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao final do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, de ser o caso, de conformidade co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
ANEXO
Núm. recurso alzada/ Núm. procedemento sanc. |
Persoa interesada |
Acto notificado |
RA/M/2015/00614 PO-02301-O-2013 |
ST 97 Transportes y Logística, S.L. |
Resolución recurso |
RA/M/2015/00630 PO-01474-O-2013 |
Inmuebles y Logística, S.A. |
Resolución recurso |
RA/M/2016/00164 OU-01242-O-2015 |
Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L. |
Resolución recurso |
RA/DXM/CIM/2019/00660 PO-03230-O-2016 |
Eduardo Miralles Millán |
Resolución recurso |
RA/DXM/CIM/2019/00813 LU-00385-O-2016 |
Emilio Soto Gómez |
Resolución recurso |
RA/DXM/CIM/2020/00139 XC-00409-O-2017 |
Aserraderos Costas de Galicia, S.L. |
Resolución recurso |
RA/DXM/CIM/2020/00164 XC-01975-I-2017 |
Tiago de Jesús Anjos |
Resolución recurso |