En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación de estatutos da Federación de Autónomos de Galicia acordada pola Xunta Directiva do 29 de outubro de 2020 na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu novo domicilio social é avenida Fisterra, 27, 1º D, no concello de Arteixo.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021
Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social