Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 35908

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de xullo de 2021 pola que se modifica a autorización do CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón de Lugo.

A representación da titularidade do CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón de Lugo solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Emerxencias sanitarias, do CM Guía no medio natural e de tempo libre, do ciclo formativo de grao superior (CS) Hixiene bucodental e do CS Acondicionamento físico.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro e autorizar o CM Emerxencias sanitarias, o CM Guía no medio natural e de tempo libre, o CS Hixiene bucodental e o CS Acondicionamento físico, dese xeito queda o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación: CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón.

Código: 27006425.

Domicilio: rúa Anxo López Pérez, s/n.

Localidade: Lugo.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Titular: Diócese de Lugo.

Composición resultante:

8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

4 unidades de bacharelato, modalidades:

• Ciencias.

• Humanidades e ciencias sociais.

CM Emerxencias sanitarias (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

CM Guía no medio natural e de tempo libre (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

CS Hixiene bucodental (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

CS Acondicionamento físico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade