Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 35910

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de xullo de 2021 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, do CEMU Profesional Eirís da Coruña.

A representación da titularidade do centro autorizado de música (CEMU) Profesional Eirís da Coruña solicita a modificación da autorización do centro por cambio de titularidade.

Mediante escritura pública notarial do 25 de marzo de 2021, a sociedade Colegio Eirís, S.A. cede a súa titularidade á sociedade Online Education Services, S.L.

De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada e logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995 que regula o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización por cambio de titularidade do CEMU Profesional Eirís da Coruña, código do centro 15032960, a favor da sociedade Online Education Services, S.L.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade