Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de xuño de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 133/2021 no expediente de reposición da legalidade OUR/88/2018-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co procedemento ordinario número 133/2021, interposto por José Manuel Camilo Feijóo González, contra a Resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 18.3.2021, expediente OUR/88/2018-RP1, en que declara que as obras executadas en solo de núcleo rural, consistentes na execución dunha edificación principal (construción 1) destinada a un uso residencial, que carece de título habilitante de natureza urbanística, resulta ilegalizable por ser contraria ao ordenamento urbanístico e na execución dunha edificación auxiliar (construción 2) executada con cerramento de bloque cerámico, que parece dedicarse a curral doméstico, sitas sobre as parcelas catastrais 3253A029007820000IZ, 3253A029024160000IT e 32053A0290 90230000IF, no lugar de Monteverde, concello de Nogueira de Ramuín, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que dese lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a Santiago Feijóo Martínez para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística