Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de xullo de 2021, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 2 de xuño de 2021, ditada no expediente sancionador da Coruña RITGA-E-2020-007444 (referencia AC-116/2020), por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 1 de xullo de 2021

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2020-007444 (ref. AC-116/2020).

Titular: Tortelli, S.L.

Establecemento: Restaurante Muerde la Pasta.

Enderezo: estrada Baños de Arteixo, 43.

Localidade: A Coruña.

Preceptos infrinxidos: artigo 109.2, letra a), da Lei 7/2011.

Resolución: 2 de xuño de 2021.

Sanción: multa por importe de cento vinte e cinco euros (125 €).