Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira (OEP 2020).

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante resolucións do 31.5.2021, 1.6.2021 e 9.6.2021, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Tania García Remeseiro, con DNI ***7822** , para ocupar unha praza de técnico/a de deportes da escala de administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.

– Rodrigo Silva Poceiro, con DNI ***3789** , para ocupar unha praza de arquiveiro/a da escala de administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.

– Jaime López Rodríguez, con DNI ***6341** , para ocupar unha praza de técnico/a medio/a informático/a da escala de administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.

– César Lago Orduña, con DNI ***9794**, para ocupar unha praza de cabo do Servizo de Extinción de Incendios, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 18 de xuño de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local, do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura