Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36358

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 24 de marzo de 2021.

A Orde do 24 de marzo de 2021 regula a convocatoria e a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega (DOG núm. 66, do 9 de abril).

Logo de ver os informes-proposta formulados pola comisión constituída ao abeiro do artigo 17 da dita convocatoria, e polo órgano instrutor que recolle o artigo 15, e en virtude das facultades que me confire a Orde do 9 de febreiro de 2021 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. A concesión de axudas, na contía que se indica, aos proxectos relacionados no anexo. Nesta relación inclúense as propostas que non se subvencionan polos motivos que aparecen baixo a epígrafe correspondente, de acordo cos criterios establecidos na Orde do 24 de marzo de 2021.

Segundo. De conformidade co artigo 4.2.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Secretaría Xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como ás sancións impostas aos beneficiarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co establecido na Orde do 24 de marzo de 2021, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO

Nº de expediente

Entidade

Importe

Motivo da denegación

2021/0001

Concello de Catoira

535,00 €

2021/0002

Concello de Oia

2.257,10 €

2021/0003

Concello de Arzúa

3.122,60 €

2021/0004

Concello de Ribadavia

3.801,50 €

2021/0005

Agrupamento dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil

7.168,20 €

2021/0006

Concello de Outeiro de Rei

2.715,30 €

2021/0007

Concello de Xove

2.750,00 €

2021/0008

Concello de Vilaboa

1.818,20 €

2021/0009

Concello de Ames

11.313,90 €

2021/0010

Concello de Muros

3.076,70 €

2021/0011

Concello de Cariño

2.149,70 €

2021/0012

Concello de Vila de Cruces

826,40 €

2021/0013

Concello de Moaña

8.462,80 €

2021/0014

Concello de Outes

8.836,20 €

2021/0015

Agrupamento dos concellos da Baña e Negreira

10.310,90 €

2021/0016

Concello de Padrón

2.732,30 €

2021/0017

Concello do Carballiño

7.721,80 €

2021/0018

Mancomunidade de municipios da Comarca de Ordes

11.313,90 €

2021/0019

Concello de Culleredo

-

Artigo 10.1 do Decreto 11/2009, Regulamento de subvencións de Galicia

2021/0020

Concello de Carral

6.890,20 €

2021/0021

Concello de Redondela

6.222,70 €

2021/0022

Concello de Tui

2.941,60 €

2021/0023

Concello de Tomiño

1.374,00 €

2021/0024

Concello de Mos

1.400,00 €

2021/0025

Concello do Saviñao

5.586,60 €

2021/0026

Concello de Rianxo

6.115,20 €

2021/0027

Agrupamento dos concellos de Carnota e Mazaricos

6.000,00 €

2021/0028

Concello de Ferrol

9.956,20 €

2021/0029

Concello de Melide

5.702,20 €

2021/0030

Entidade local menor de Vilasobroso

-

Artigo 1 da convocatoria

2021/0031

Concello de Ponteareas

8.213,90 €

2021/0032

Concello de Cerdedo-Cotobade

3.436,60 €

2021/0033

Concello do Barco de Valdeorras

3.920,30 €

2021/0034

Concello de Boiro

8.338,40 €

2021/0035

Concello de Ribeira

7.009,00 €

2021/0036

Concello de Abegondo

7.093,80 €

2021/0038

Concello de Oleiros

9.085,10 €

2021/0039

Concello do Grove

8.711,70 €

2021/0040

Concello de Ponteceso

7.093,80 €

2021/0041

Concello de Viveiro

3.100,00 €

2021/0042

Concello de Narón

8.434,50 €

2021/0043

Concello das Neves

1.840,70 €

2021/0044

Concello de Noia

1.819,00 €

2021/0045

Concello de Carballo

1.617,90 €

2021/0046

Agrupamento dos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños

1.200,00 €

2021/0047

Concello de Celanova

3.054,80 €

2021/0048

Concello de Moraña

3.088,70 €

2021/0049

Concello de Betanzos

8.587,30 €

2021/0050

Concello de Riós

-

Artigo 1 da convocatoria

2021/0051

Concello de Vigo

-

Artigo 10.1 do Decreto 11/2009, Regulamento de subvencións de Galicia

2021/0052

Concello do Pino

1.247,40 €

2021/0053

Concello de Silleda

1.751,50 €

2021/0054

Concello de Teo

8.836,20 €

2021/0055

Concello de Cualedro

-

Artigo 1 da convocatoria

2021/0056

Concello de Monterrei

-

Artigo 1 da convocatoria

2021/0057

Concello de Touro

2.969,90 €

2021/0058

Concello da Estrada

9.628,10 €

2021/0059

Concello de Santa Comba

-

Artigo 11.1.a) da convocatoria

2021/0060

Concello de Valdoviño

891,00 €

2021/0061

Concello das Pontes de García Rodríguez

4.633,10 €

2021/0062

Agrupamento dos concellos de Boborás e Castrelo de Miño

1.239,70 €

2021/0063

Concello do Porriño

2.732,30 €

2021/0064

Concello de Cambre

4.157,90 €

2021/0065

Concello da Pobra do Caramiñal

6.296,00 €

2021/0066

Concello de Valga

3.111,00 €

2021/0067

Concello da Cañiza

7.218,00 €

2021/0068

Agrupamento dos concellos de Vilar de Barrio, Maceda e Baños de Molgas

-

Presentou renuncia

2021/0069

Concello de Vedra

3.049,10 €

2021/0070

Agrupamento dos concellos de Carballedo e Chantada

4.606,80 €

2021/0071

Concello de Cuntis

3.360,00 €

2021/0072

Concello de Miño

6.890,00 €

2021/0073

Concello de Sanxenxo

3.920,00 €

2021/0074

Concello de Soutomaior

3.484,70 €

2021/0075

Concello da Coruña

10.329,60 €

2021/0076

Concello de Cangas

3.485,00 €

2021/0077

Concello de Foz

9.085,00 €

2021/0078

Concello de Cabanas

-

Artigo 10.1 do Decreto 11/2009, Regulamento de subvencións de Galicia

2021/0079

Agrupamento dos concellos de Rois e Dodro

7.499,00 €

2021/0080

Concello de Meis

832,00 €