A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas da Consellería.
Aínda que se trata dunha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza, porén, por razóns de eficacia e operatividade considéranse máis adecuada a publicación completa, e non parcial, dela.
Nesta relación de postos de traballo figuran postos clasificados de libre designación en aplicación do criterio de excepcionalidade, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. A correspondente xustificación para estes postos xa se recollía na relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural que foi aprobada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xuño de 2019, e publicada mediante a Resolución do 14 de xuño de 2019 (DOG nº 114, do 18 de xuño).
Por proposta da Consellería do Medio Rural, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, adoptou o Acordo polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e se ordena a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Por outra banda, o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xuño de 2021 aproba a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia, segundo o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público e no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.
A relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural inclúe postos afectados por este proceso de funcionarización.
En consecuencia, vistos os citados acordos do Consello da Xunta de Galicia do 17 de xuño de 2021 e do 24 de xuño de 2021, e coa finalidade de cumprir o disposto neles, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, nos termos aprobados en ambos os acordos polo Consello da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
Ámbito territorial dos postos de traballo dos servizos veterinarios
oficiais de Sanidade e Producción Animal
Provincia: A Coruña
|
Áreas
|
Concellos
|
Ferrol-Betanzos
|
Betanzos, Cesuras, Coirós, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne, Miño, Vilarmaior.
Ferrol, Narón, Neda, San Sadurniño, Valdoviño, Fene, Ares, Mugardos, Moeche.
Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Ortigueira.
Cabanas, Monfero, Pontedeume.
A Capela, As Pontes, As Somozas.
Curtis, Aranga, Vilasantar, Sobrado.
|
Arzúa
|
Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro.
Melide, Santiso, Toques.
Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.
|
Carballo
|
Carballo, Coristanco, A Laracha, Malpica, Ponteceso.
Cabana de Bergantiños, Camariñas, Laxe, Vimianzo, Zas.
Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía.
Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros, Abegondo, Bergondo, Sada.
|
Noia
|
Santiago de Compostela, Boqueixón, Val do Dubra, Vedra.
Lousame, Noia, Outes, Porto do Son.
Padrón, Dodro, Rois, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro, Ribeira, Teo.
Santa Comba, Mazaricos, Muros, Carnota.
Ames, A Baña, Brión, Negreira.
|
Provincia: Lugo
|
Áreas
|
Concellos
|
Lugo
|
Lugo, Guntín, Castroverde, O Corgo, Friol, Outeiro de Rei.
Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín.
O Incio, Láncara, Samos, Sarria, O Páramo, Paradela, Triacastela.
|
Becerreá
|
Baralla, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes,
Navia de Suarna.
A Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz.
|
Mondoñedo
|
Alfoz, Burela, Foz, O Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo.
Barreiros, Ribadeo, Trabada.
Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove.
|
Monforte
|
Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Sober, Folgoso do Courel, Quiroga,
Ribas de Sil, Bóveda, Pantón, O Saviñao.
Chantada, Carballedo, Taboada.
|
Vilalba
|
Vilalba, Begonte, Guitiriz, Rábade, Xermade, Muras, Abadín, Pastoriza, Castro de Rei, Cospeito.
Meira, A Pontenova, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto.
|
Provincia: Ourense
|
Áreas
|
Concellos
|
Ourense
|
Amoeiro, Barbadás, Coles, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín, Esgos, Taboadela.
Arnoia, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Avión, Ribadavia.
Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín,
San Amaro, San Cristovo de Cea.
A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea, Padrenda, Pontedeva.
Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños.
|
O Barco-Trives
|
Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas.
Maceda, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, Xunqueira de Espadanedo.
Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río.
O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, O Bolo, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.
|
Verín
|
Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Verín, Riós, Vilardevós.
Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Calvos de Randín, Vilar de Barrio.
A Gudiña, Viana do Bolo, A Mezquita, Vilariño de Conso, A Veiga.
Allariz, Xunqueira de Ambía.
|
Provincia: Pontevedra
|
Áreas
|
Concellos
|
Lalín
|
A Estrada, Cerdedo, Forcarei.
Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.
|
O Porriño
|
Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente.
Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño
Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salceda de Caselas, Soutomaior, Redondela, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Vigo, A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui.
|
Pontevedra
|
Caldas de Reis, Campolameiro, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures, Valga, Catoira, Vilagarcía de Arousa
Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa
A Lama, Ponte Caldelas, Bueu, Cangas, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Barro, Vilaboa.
|