Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36532

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 9 de xullo de 2021 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), convocadas pola Orde do 18 de decembro de 2020.

BDNS (Identif.): 541143.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que sexan pemes do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

Segundo. Finalidade

A finalidade da presente orde é a de ampliar o crédito para contribuír ao financiamento dos investimentos destinados a pemes de transformación de produtos da pesca e da acuicultura.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2021.

Cuarto. Importe

Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG nº 262, do 31 de decembro) para o exercicio orzamentario 2021, na cantidade de 6.456.621,16 euros, con cargo á aplicación 15.02.723A.771.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida Orde do 18 de decembro de 2020 para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar