A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña remitiu escrito de notificación da resolución sobre a solicitude de inscrición no Rexistro de Cooperativas do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Luscofusco un Espazo para Sentir Sociedade Cooperativa Galega (F70347844).
Intentada dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola persoa interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo.
Polo exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio notifícalle á persoa interesada que se indica no anexo a resolución antes citada.
A persoa interesada pode recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias do Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 1 de xullo de 2021
Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: RCG802M 2019/00001-1.
Solicitante: Lorena Leis Arnejo-Luscofusco un Espazo para Sentir Sociedade Cooperativa Galega.
Acto notificado: resolución sobre a solicitude de inscrición no Rexistro de Cooperativas do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Luscofusco un Espazo para Sentir Sociedade Cooperativa Galega (F70347844).