Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 1 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lle notifica á persoa interesada a resolución sobre a solicitude de inscrición do acordo de disolución e nomeamento de liquidadores (expediente RCG802N 2018/00033-1).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña remitiu escrito de notificación da resolución sobre a solicitude de inscrición no Rexistro de Cooperativas do acordo de disolución e nomeamento de liquidadores da entidade S. Coop. Agraria Santo Tomé (F15039118).

Intentada dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola persoa interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo.

Polo exposto, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio notifícalle á persoa interesada que se indica no anexo a resolución antes citada.

A persoa interesada pode recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias do Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 1 de xullo de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RCG802N 2018/00033-1.

Solicitante: José Luis Martínez Regueira-S. Coop. Agraria Santo Tome.

Acto notificado: resolución sobre a solicitude de inscrición no Rexistro de Cooperativas do acordo de disolución e nomeamento de liquidadores da entidade S. Coop. Agraria Santo Tomé (F15039118).