Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36527

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) para apoio na xestión á Dirección Xeral de Formación e Colocación.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á Resolución do 1 de xullo de 2021, da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se encomendan á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) tarefas de apoio para a xestión de determinadas axudas da Dirección Xeral de Formación e Colocación, coas seguintes características:

– Actividade: o encargo comprende a colaboración na xestión de distintas convocatorias de axuda da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: este encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, e de conformidade co disposto no artigo 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución é de doce (12) meses e comeza o 1 de xullo de 2021.

– Importe: o importe do encargo ascende á cantidade de douscentos dez mil catrocentos noventa e sete euros e vintecatro céntimos (210.497,24 €), con cargo á aplicación orzamentaria 11.05.323A.227.99.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade