Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da convocatoria do procedemento de selección, mediante o sistema de oposición libre, de persoal funcionario interino para prover transitoriamente un posto de traballo de auxiliar administrativo.

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, no 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do empregado público de Galicia, e no 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e programas mínimos a que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, faise público que, mediante o Acordo da Xunta de Goberno local do 27 de maio de 2021, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de oposición, para prover transitoriamente o seguinte posto de traballo:

– Escala: Administración xeral.

– Subescala: auxiliar.

– Grupo: C2.

– Número de postos: 1 (un).

– Boletín de publicación das bases: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 116, do 22 de xuño de 2021.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor:

– Potestativamente o recurso de reposición, no prazo máximo dun mes contado desde o día de publicación das bases ou da convocatoria no boletín oficial correspondente, ante o alcalde.

– Con posterioridade á resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, ou ben directamente, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día de publicación das bases ou da convocatoria no boletín oficial correspondente.

– O recurso extraordinario de revisión, segundo o previsto no artigo 113 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou calquera outro que considere procedente.

Padrón, 23 de xuño de 2021

Antonio Fernández Angueira
Alcalde