Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36665

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do Plan de prevención e defensa contra os incendios de Oia.

En sesión plenaria ordinaria do 27 de maio de 2021 aprobamos por unanimidade o Plan de prevención e defensa contra os incendios de Oia, realizado en colaboración con Seaga, no cal, entre outras cousas, se delimitan as faixas de protección arredor de núcleos e vivendas.

Exponse ao público durante vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte a aquel en que se publique anuncio no BOP e DOG, durante os cales calquera interesado poderá formular alegacións que serán resoltas polo Pleno para a súa aprobación definitiva.

Oia, 28 de maio de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa