Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36895

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria e se convocan para o curso académico 2021/22 (código de procedemento MR207A).

O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), o CFEA de Sergude (Boqueixón), o CFEA Pedro Murias de Ribadeo e o CFEA de Becerreá, adscritos á Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dispoñen de residencias de estudantes que prestan un servizo complementario ao desenvolvemento educativo da poboación do medio rural, e facilitan a asistencia ás clases dos ciclos de formación profesional agraria de grao medio e grao superior que se imparten nestes no curso académico 2021/22:

• CFEA Lourizán:

Ciclo formativo de grao medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.

Ciclo formativo de grao superior en Xestión Forestal e do Medio Natural.

• CFEA Sergude:

Ciclo formativo de grao medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.

Ciclo formativo de grao medio en Produción Agropecuaria.

Ciclo formativo de grao superior en Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal.

Ciclo formativo de grao medio en Produción Agroecolóxica.

• CFEA Pedro Murias:

Ciclo de grao medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural (FP Dual).

• CFEA Becerreá:

Ciclo formativo de grao medio en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.

Ciclo formativo de grao superior en Xestión Forestal e do Medio Natural.

As residencias permiten ao alumnado cursar estes estudos cando non se imparten cerca do seu domicilio habitual e dispoñer dun servizo de comedor.

De cara ao próximo curso académico 2021/22, é preciso establecer unhas bases que regulen o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor entre o alumnado dos centros e convocalo para este curso.

O Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (DOG núm. 176, do 16 de setembro), recolle nos seus artigos 3 e 4 os supostos de feito e os suxeitos obrigados dos ditos prezos públicos.

O Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 102, do 30 de maio), establece no seu artigo 11 as funcións da Agacal en materia de formación. Entre estas figuras, a de programar a formación agraria, nos seus aspectos de ensinanzas regradas e non regradas, tanto das persoas agricultoras, gandeiras e silvicultoras como das súas asociacións e agrupacións, así como daquelas persoas que queiran acceder no futuro á titularidade ou xerencia de calquera explotación agraria ou forestal, así como a función de coordinación dos centros de formación e experimentación agraria.

De acordo co exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria (CFEA) da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e convocalas para o curso académico 2021/22 nos CFEA de Lourizán (Pontevedra), Sergude (Boqueixón), Pedro Murias (Ribadeo) e Becerreá (código de procedemento MR207A).

2. O número de prazas ofertadas é o que se indica a continuación:

CFEA

Nº total de prazas en réxime de pensión completa

Nº total de prazas de comedor (só xantar) para curso completo

CFEA de Lourizán (Pontevedra)

32

28

CFEA de Sergude (A Coruña)

52

25

CFEA Pedro Murias (Ribadeo)

0

22

CFEA de Becerreá (Lugo)

0

35

No caso de non utilizar o total de prazas ofertadas en pensión completa, as vacantes que se produzan poderán acumularse ás prazas de comedor para o curso completo.

Artigo 2. Requisitos para ser persoa adxudicataria

Para poder acceder ás prazas de residencia reguladas nesta resolución, as persoas interesadas deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser cidadás de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros/as que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.

b) Ter feitos ou facer durante o ano 2021 os 18 anos de idade, no caso das prazas en pensión completa do CFEA de Lourizán, ou ter feitos os 16 anos de idade no ano da convocatoria no caso das prazas en pensión completa que se ofertan no CFEA de Sergude.

c) Estar matriculado no centro solicitado durante o curso escolar.

Artigo 3. Tipos de prazas

As prazas que se ofertan nesta convocatoria son de dous tipos:

a) Residencia en pensión completa.

A modalidade de residencia en pensión completa inclúe o uso dunha habitación e aseo compartidos e o dereito a almorzo, xantar e cea.

As persoas que teñan asignada unha praza en pensión completa na residencia poderán facer uso dela todos os días lectivos do centro que non sexan vésperas de festivo. O horario de funcionamento da residencia do CFEA de Lourizán será de luns ás 8.00 horas ata o venres ás 15.00 horas. No caso da residencia do CFEA de Sergude será de domingo ás 21.00 horas ata o venres ás 15.00 horas.

b) Comedor para o curso completo.

A modalidade de comedor para o curso completo dá dereito a xantar na sala de comedor durante todo o curso de luns a venres, todos os días lectivos do centro en que se oferte o servizo. A oferta do servizo variará dun centro a outro en función da organización da actividade lectiva.

Artigo 4. Prezos públicos

1. As persoas beneficiarias das prazas recollidas no artigo 1 estarán suxeitas aos prezos públicos previstos no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor (DOG núm. 176, do 16 de setembro).

2. No caso das prazas de residencia en pensión completa, o primeiro pagamento realizarase antes do inicio do servizo.

3. No taboleiro de anuncios de cada CFEA publicarase un calendario co número de días en que o centro permanecerá aberto en cada trimestre escolar, indicando os días en que se ofrece pensión completa e os días en que só se ofrece o xantar.

4. As persoas beneficiarias das prazas de residencia en pensión completa deberán realizar, antes de comezar o trimestre, o pagamento total dos servizos que poden recibir nese período. O importe do pagamento trimestral calcularase empregando os prezos/persoa/día para os servizos de pensión completa por período inferior a un curso escolar, e de xantar por bono semanal de cinco días e/ou de xantar diario non regular, en función dos días nos que se ofreza o servizo en cada centro.

5. As persoas beneficiarias de prazas de comedor durante todo o curso, deberán realizar o pagamento antes do inicio do servizo. A dirección de cada centro decidirá a forma de realizar estes pagamentos, que poderán acumularse por períodos de tempo, segundo as necesidades organizativas da residencia. O importe dos pagamentos que se establezan para cada período calcularase empregando os prezos/persoa para os servizos de xantar por bono semanal de cinco días e/ou de xantar diario non regular.

6. O alumnado con praza na residencia ou no comedor que se incorpore á Formación en Centros de Traballo (FCT) poderá seguir usando a residencia ata o remate da formación no dito centro de traballo. No caso de non utilizar os servizos de residencia durante o terceiro trimestre do curso escolar, como consecuencia de realizar a dita FCT fóra do centro, a persoa interesada deberá presentar a renuncia e a praza quedará dispoñible para a adxudicación polo sistema previsto no artigo 10.

Artigo 5. Presentación de solicitudes, lugar, prazo

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo de presentación das solicitudes será do 20 de xullo ao 30 de xullo de 2021.

5. As persoas que no curso académico anterior tivesen praza de residencia conservarana para o seguinte curso dun ciclo formativo, logo da presentación da correspondente solicitude, de acordo co prazo establecido no punto 4, e sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos académicos para o curso e non sexan repetidores/as deste.

6. En todo caso, de ser preciso valorar as solicitudes para poder obter a correspondente puntuación, deberán entregar cuberta a declaración que consta no anexo I. Debe constar a puntuación de cada criterio que se vaia valorar, as persoas que conviven no domicilio familiar e as circunstancias que poidan presentarse e deban terse en conta no caso de empate.

A comisión de valoración só asignará puntuación ás persoas solicitantes, se na declaración aparecen cubertos os datos precisos para cada criterio. De non ser así, asignarásenlles 0 puntos.

7. Establécense dous prazos extraordinarios de presentación de solicitudes, que serán do 2 de setembro de 2021 ata o 6 de setembro de 2021 e do 21 de setembro de 2021 ata o 8 de outubro de 2021. No caso de que non existan prazas vacantes no momento da presentación da solicitude, as persoas interesadas pasarán a formar parte da lista de agarda.

Artigo 6. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

– Anexo II. Comprobación dos datos doutras persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso.

2. No suposto de que o número de persoas solicitantes supere ao de prazas ofertadas, as persoas interesadas deberán achegar, no prazo de 10 días hábiles contados a partir da data de remate do prazo para presentar as solicitudes, o anexo III desta resolución acompañado da seguinte documentación complementaria que xustifique a puntuación obtida:

a) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso. A data da súa expedición será posterior á da entrada en vigor da convocatoria.

b) Documentación acreditativa da condición de orfandade, de ser o caso.

c) Documentación acreditativa dos estudos de bacharelato, formación profesional específica ou universitaria que estean cursando os irmáns ou as irmás das persoas solicitantes, de ser o caso.

d) Contrato de alugamento ou matrícula nunha residencia de estudantes ou establecemento de similares características dos irmáns ou as irmás das persoas solicitantes que estean cursando estudos fóra da súa residencia habitual, de ser o caso.

e) Certificación académica na cal figuren as notas correspondentes ao curso escolar inmediatamente anterior a esta convocatoria para aquelas persoas solicitantes que procedan doutro centro formativo.

f) Título de familia numerosa, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

g) Documentación acreditativa do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. De non entregarse a dita documentación, a puntuación non será tida en conta para a adxudicación definitiva, podendo quedar sen praza na residencia tras unha nova baremación das circunstancias xustificadas se a puntuación non alcanza o corte que estará determinado polo número de prazas convocado.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) DNI ou NIE do resto das persoas da unidade familiar, de ser o caso.

d) Declaración do IRPF tanto da persoa solicitante como dos demais membros que compoñen a unidade familiar obrigados a declarar (anexo I, no caso do solicitante, e anexo II, para os demais membros que compoñen a unidade familiar).

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa no caso de ser expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

b) Grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante e de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando sexa expedida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. Adicionalmente, a resolución de adxudicación provisional e definitiva, a relación de suplentes e a relación de excluídos serán publicadas pola comisión de valoración, na páxina web da Consellería do Medio Rural https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/centros-de-formacion e no taboleiro de anuncios do centro correspondente.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes, declaracións responsables ou comunicacións

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Criterios de adxudicación de prazas

1. Cando o número de persoas solicitantes de prazas en pensión completa ou comedor para o curso completo sexa inferior ao número de prazas ofertadas, estas serán adxudicadas a todas as persoas solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nesta resolución. En caso contrario, procederase á adxudicación de prazas aos alumnos de 1º curso, segundo os criterios establecidos nos números 1.1, 1.2 e 1.3 deste artigo.

1.1. Rendemento académico do último curso realizado:

a) Nota media de sobresaliente: 4 puntos.

b) Nota media de notable: 3 puntos.

c) Nota media de ben: 2 puntos.

d) Nota media de suficiente: 1 punto.

1.2. Renda familiar per cápita:

a) O importe da renda familiar per cápita é o coeficiente de dividir a renda da unidade familiar correspondente ao ano inmediato anterior ao do inicio do curso entre todos os membros da dita unidade. Este aspecto acreditarase mediante a declaración do IRPF.

b) Para a determinación da renda familiar sumarase o importe íntegro das retribucións en concepto de rendementos de traballo obtidos durante o ano inmediato anterior ao do inicio do curso por todos os membros da unidade familiar.

c) Considéranse membros computables da unidade familiar: pai, nai, irmáns e irmás solteiros/as menores de vinte e cinco anos que convivan no domicilio familiar, irmáns e irmás de maior idade, cando se trate de persoas diminuídas físicas, psíquicas ou sensoriais, así como os ascendentes dos pais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio familiar a través do certificado municipal de empadroamento.

No caso de persoas solicitantes que constitúan unidades familiares independentes, tamén se consideran membros computables o/a cónxuxe ou, de ser o caso, a persoa a que estea unida por análoga relación de convivencia afectiva, así como os descendentes que convivan no mesmo domicilio.

d) No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable quen non conviva coa persoa solicitante.

e) Nos casos en que a persoa solicitante alegue a súa emancipación ou independencia familiar e económica, calquera que sexa o seu estado civil, deberá acreditar que conta cos medios económicos propios suficientes que permitan a dita independencia, así como a titularidade ou o alugamento da vivenda que constitúe o seu domicilio habitual. No caso contrario, entenderase non probada a independencia, polo que para o cálculo de renda e patrimonio familiar, computaranse os ingresos correspondentes aos membros computables da familia a que se refire a antedita alínea c).

f) Ao cociente da renda familiar computada entre o número de membros da unidade familiar adxudicaráselle a seguinte puntuación:

Ata 6.000 euros: 7 puntos.

De 6.000,01 ata 9.500 euros: 5 puntos.

De 9.500,01 ata 13.000 euros: 3 puntos.

De 13.000,01 ata 15.000 euros: 1 punto.

A partir de 15.000,01: 0 puntos.

1.3. Circunstancias familiares:

a) Ás persoas solicitantes que teñan irmás ou irmáns cursando estudos de bacharelato, formación profesional específica ou universitarios fóra da súa residencia habitual, engadiránselles 2 puntos polo primeiro e 1 punto máis por cada un dos seguintes.

b) Ás persoas aspirantes en condición de orfandade, 2 puntos.

c) Ás persoas aspirantes membros de familia numerosa de categoría xeral, 1 punto; de categoría especial, 2 puntos.

d) Ás persoas aspirantes que teñan algún membro da unidade familiar en estado de discapacidade, 2 puntos.

Todas as situacións referentes ás circunstancias familiares deberán xustificarse documentalmente.

A puntuación resultante de sumar as anteriores epígrafes será a que determine a orde de adxudicación.

2. No caso de que as persoas solicitantes obtivesen a mesma valoración, terán preferencia, por este orde:

– O alumnado que non repita curso.

– As mulleres fronte aos homes (seguindo criterios de infrarrepresentación).

– As persoas que acrediten ter residencia en Galicia.

– As persoas que acrediten documentalmente unha relación persoal ou familiar directa co sector.

– E, finalmente, terán preferencia os de menor renda familiar.

Cando a omisión ou deficiente xustificación afecte un criterio de valoración, atribuiránselle nel 0 puntos.

Artigo 11. Comisión e procedemento de valoración

1. Corresponderá a unha comisión de valoración constituída para o efecto en cada centro, a valoración dos criterios xustificados polas persoas solicitantes para os efectos de atribuírlles a puntuación correspondente.

A comisión de valoración estará composta por:

a) Presidente/a: o/a director/a do centro de formación e experimentación agraria.

b) Secretario/a: o/a xefe/a de internado ou persoa que realice a dita función.

c) Vogais: os/as dous/dúas docentes do CFEA con maior antigüidade.

2. Cando o número de persoas solicitantes sexa inferior ao número de prazas ofertadas, a comisión de valoración estudará o cumprimento dos requisitos para ser beneficiario da correspondente praza e elaborará a proposta de adxudicación provisional con todas as persoas solicitantes que os cumpran.

3. No caso de determinar que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas procederase do seguinte xeito:

a) A comisión de valoración publicará na páxina web da Consellería do Medio Rural no enderezo https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/centros-de-formacion e no taboleiro de anuncios de cada centro a lista de solicitudes e do número de prazas.

b) As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir da data do remate do prazo para presentar as solicitudes, para achegar o anexo III desta resolución acompañado da documentación complementaria que xustifique a puntuación obtida e que se indica no artigo 6.2 desta resolución.

c) A comisión de valoración determinará a puntuación que corresponda a cada persoa solicitante polos criterios establecidos neste artigo tendo en conta os datos que constan na solicitude. A falta de presentación do anexo I debidamente cuberto no que ten que ver cos criterios de valoración impedirá valoralos para os efectos de determinar a puntuación.

d) A comisión de valoración elaborará e remitirá ao Departamento de Formación da Agacal, a proposta de adxudicación provisional de prazas de residencia, segundo a puntuación total obtida polas persoas solicitantes, así como a relación provisional de excluídos debidamente motivada.

Así mesmo, elaborará unha relación de suplentes para cubrir as vacantes que poidan producirse.

4. A resolución de adxudicación provisional, a relación de suplentes e a relación de excluídos/as publicarase na páxina web da Consellería do Medio Rural e no taboleiro de anuncios do centro correspondente, sen prexuízo do establecido no artigo 8. Así mesmo, contra a dita resolución, as persoas interesadas poderán formular reclamación ante a propia comisión no prazo de 10 días hábiles seguintes ao da súa publicación. As reclamacións serán dirixidas ao/á presidente/a da comisión.

5. As reclamacións formuladas entenderanse estimadas ou desestimadas mediante a publicación da resolución de adxudicación definitiva.

6. A comisión de valoración elaborará e remitirá ao Departamento de Formación da Agacal a proposta de adxudicación definitiva de prazas de residencia, así como a relación definitiva de excluídos/as e a relación de suplentes.

7. Das reunións realizadas polas comisións a que se refiren os puntos anteriores levantarase unha acta, que será remitida ao Departamento de Formación da Agacal.

Artigo 12. Resolución

A dirección da Agacal resolverá a adxudicación definitiva de prazas de residencia.

A resolución en que consten as persoas beneficiarias das prazas de residencia e dos suplentes será publicada na páxina web da Consellería do Medio Rural
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/centros-de-formacion e no taboleiro de anuncios do centro correspondente, sen prexuízo do establecido no artigo 8.

No caso de non producirse resolución expresa no prazo de tres meses desde a presentación da solicitude, esta entenderase desestimada.

Artigo 13. Lista de agarda

Para a cobertura das prazas de residencia en pensión completa ou comedor que queden vacantes durante o curso, a dirección do respectivo centro residencial acudirá á lista de agarda, seguindo a orde de puntuación. Se unha vez chamados todos os suplentes aínda quedasen prazas vacantes no internado, aquelas persoas interesadas que reúnan os requisitos para ser beneficiarios dunha praza poderán solicitala á dirección do centro que será quen resolva a adxudicación desta por estrita orde de entrada no correspondente rexistro.

Artigo 14. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta resolución non porán fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso de alzada ante o presidente da Agacal, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, se o acto for expreso, ou calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos de silencio administrativo, se acto non for expreso, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 15. Obrigas dos/das usuarios/as da residencia

Os beneficiarios das prazas de residencia teñen as seguintes obrigas:

1. Deben acreditar mediante certificado médico oficial calquera incidencia que afecte o normal desenvolvemento da vida residencial, que o presentarán no prazo de 2 días desde a resolución de adxudicación definitiva, mentres tanto deberán entregar unha declaración responsable sobre o seu estado de saúde segundo o modelo que se lle facilitará no momento da súa incorporación ao centro.

Deben cumprir o establecido nos protocolos para facer fronte á COVID-19 e/ou das medidas que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.

2. Están suxeitos ao réxime interno do centro e deberán respectar as normas de convivencia e horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida residencial e docente.

3. Deixar as habitacións libres, inescusablemente, o día en que finalice o calendario académico.

Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios da residencia será responsabilidade individual das persoas autoras ou, colectivamente, de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso, e terá que aboar o seu custo.

Artigo 16. Renuncias e perda do dereito á praza de residencia

1. O alumnado residente perderá a praza polas seguintes causas:

a) Non incorporarse ao centro residencial na data do inicio do curso escolar indicada polo centro docente, agás nos casos de forza maior, debidamente acreditados logo da súa valoración polo centro.

b) Perda da condición de alumno/a no centro docente en que debía cursar os estudos para os cales lle foi concedida a praza.

c) Faltas de asistencia sen xustificar, cando se supere o número de tres días de ausencia continuados ou cinco días alternos ás clases lectivas dentro do período dun mes e logo dun informe previo da dirección do centro.

d) Incumprimento do réxime interno do centro residencial que altere o normal desenvolvemento da convivencia e que dea lugar a sanción disciplinaria.

e) Incumprimento do establecido nos protocolos que se establezan para facer fronte á COVID-19 e/ou das medidas que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.

2. A dirección do CFEA, concederalle ao alumnado un prazo de 5 días hábiles para que presente alegacións, documentos ou xustificacións que considere conveniente.

3. A dirección do centro, á vista das alegacións efectuadas ou transcorrido o prazo concedido para presentalas, resolverá o procedente no prazo de 5 días hábiles.

4. No caso de perda da praza de residencia cubrirase a vacante conforme a lista de suplentes nos termos do artigo 13.

5. No caso de que algún residente decida renunciar á súa praza debe comunicalo á dirección do centro correspondente por escrito. A praza que quede vacante poderá cubrirse conforme a lista de agarda nos termos do artigo 13.

Artigo 17. Concorrencia con outras axudas

O desfrute do dereito a ocupar as prazas convocadas nesta resolución é incompatible co desfrute de calquera outra axuda para a mesma finalidade e dentro do mesmo período temporal, procedente de calquera outra Administración ou ente público ou privado.

Disposición adicional primeira. Medidas para a prevención fronte á COVID-19

En función da evolución e das medidas de seguridade adoptadas polas autoridades competentes durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, a Agacal, atendendo a esas medidas, poderá reducir o número de prazas ofertadas no artigo 1 desta resolución en cada un dos centros.

Disposición adicional segunda. Normativa supletoria

En todo o non previsto nesta resolución, observarase o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file