Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36894

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2021 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 29 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN822D).

A Resolución do 29 de abril de 2021 (DOG núm. 91, do 18 de maio) pola que se establecen as bases reguladoras do III Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN822D), sinalaba, no seu artigo 19, que o prazo de presentación era de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entendíase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación, o que correspondería co 18 de xullo e que, ao coincidir en día festivo, pasaba ao 19 de xullo.

Tendo como referencia as numerosas candidaturas presentadas ás dúas pasadas edicións destes premios e, para conseguir a máxima participación posible de todos/as os/as empregados/as públicos/as,

RESOLVO:

Modificar o artigo 19 da Resolución do 29 de abril pola que se establecen as bases reguladoras do III Premio empregados/as públicos/as innovadores/as, de maneira que a data límite de presentación de solicitudes se amplía ata o 18 de agosto de 2021.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación