Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36892

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU232A).

BDNS (Identif.): 573990.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as comunidades de usuarios coa finalidade de abastecemento de auga para consumo humano legalmente constituídas na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas previsións do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril.

Segundo. Obxecto

Bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para mellorar o estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento nas comunidades de usuarios de augas de consumo na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento AU232A).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento (AU232A).

Cuarto. Importe

As axudas reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6568 (subvencións de capital a familias e institucións sen fins de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, proxecto de gasto de axudas para as melloras de pequenos abastecementos no ámbito rural e apoio ás comunidades de usuarios, cunha dotación de cincocentos mil euros (500.000,00 €) distribuída nas seguintes anualidades:

2021: 100.000,00 €.

2022: 400.000,00 €.

O importe das axudas será, como máximo, do 80 % do investimento da actuación proposta, co límite máximo de quince mil euros (15.000,00 €) por solicitude (IVE incluído), ata esgotar o crédito.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Presidenta de Augas de Galicia