Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37172

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2021 pola que se resolve o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.

Mediante a Resolución do 26 de maio de 2021 (DOG núm. 103, do 3 de xuño) anunciouse a convocatoria dun posto de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).

Finalizado o proceso de selección e de acordo co sinalado nos artigos 13 e seguintes da convocatoria, o tribunal elevou á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor do aspirante seleccionado.

Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, a persoa que se indica no anexo.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Dominio ERC de Ciencias Físicas e Enxeñaría: David Ryan Glowacki (***0089**).