Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de requirimento para a xestión da biomasa (expediente 1208/2017).

Orde de execución de limpeza de parcelas ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Unha vez intentadas as notificacións que constan no seguinte expediente, na forma prevista nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen que fose posible efectualas por causas non imputables a esta administración e, en aplicación do disposto nos artigos 44 ao 46 do mesmo texto legal e no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción da Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencia do expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e de núcleos habitados fronte a incendios forestais, en caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, e advertimos da execución subsidiaria á conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Medioambiente do Concello de Guitiriz.

Expediente

Interesado

DNI (semioculto por LOPD)

Referencia catastral

1208/2017

Herdeiros de Arturo López Bello

***129****

0814328NH9801S0001KR

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Guitiriz, 29 de xuño de 2021

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa