Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37227

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Camariñas

ANUNCIO do 29 de xuño de 2021 polo que se aproba definitivamente o expediente do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións no cuarteirón existente entre a rúa da Rampa e o paseo marítimo de Camelle.

O Pleno do Concello de Camariñas, en sesión do 28 de maio de 2021, por maioría dos seus membros, aprobou definitivamente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións no cuarteirón existente entre a rúa da Rampa e o paseo marítimo de Camelle, que de xeito literal di:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións no cuarteirón existente entre a rúa da Rampa e o paseo marítimo de Camelle, formulado/promovido por Celia Carracedo Tajes e subscrito/redactado polo arquitecto Maximino Manuel Aguiar Baña, coas modificacións introducidas no documento logo da alegación presentada con data do 24.8.2020 RE 202099900000355, por Juan Carlos Canosa Marcote, en representación de Manuela del Carmen Lema Pardiñas, e demais exixencias contidas nos informes sectoriais.

Segundo. Levantar a suspensión do prazo máximo de dous anos, ao abeiro do artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e do artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para o outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no predio identificado como nº 6 no estudo de detalle (referencia catastral 2612906MH9821S0001XX)».

Publícase este para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu Regulamento. O que se fai público, salvando os termos que resulten da aprobación definitiva da acta, en cumprimento do ordenado e para os efectos oportunos:

Tipo de instrumento: estudo de detalle.

Ámbito: cuarteirón existente entre a rúa da Rampa e o paseo marítimo de Camelle.

Instrumento que desenvolve: Plan xeral de ordenación municipal de Camariñas.

Obxecto: completar ou reaxustar as aliñacións e rasantes.

Clasificación do solo: solo urbano.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Camariñas, 29 de xuño de 2021

Sandra Insua Rial
Alcaldesa