Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 5 de xullo de 2021 pola que se notifican os emprazamentos en relación cos procedementos interpostos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra as resolucións de fixación do prezo xusto de varios predios (expediente 2020000850 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 49.3 e 49.4 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Informar os interesados, que se relacionan no anexo, dos emprazamentos en relación cos procedementos interpostos perante o TSXG contra as resolucións de prezo xusto.

2. Así mesmo, informar os interesados de que desde o Xurado de Expropiación de Galicia lle foron remitidos os citados expedientes ao TSXG, por petición deste.

3. Notificar aos interesados para que, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poidan comparecer e constituírse como parte nos autos ante o TSXG no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

4. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado e, en consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01924 Subest. colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1, 132 kV-Set Ludrio-Set parque eólico Monciro. Exp. IN407A 2017/6-0

José Gandoy González

14.5.2021

2020000850

34

José Gandoy González

14.5.2021

2020000851

35

José Gandoy González

14.5.2021

2020000852

36