Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2021 relativa á declaración de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos nos procedementos administrativos.

Debido a necesidades organizativas e para favorecer o cumprimento de compromisos asumidos pola Universidade de Vigo, faise necesario declarar hábiles os días de peche inicialmente declarados inhábiles unicamente para os efectos do cómputo de prazos de presentación de ofertas nos procedementos de contratación suxeitos á Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Por iso, cómpre modificar a Resolución do 19 de febreiro de 2021, relativa á declaración de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos nos procedementos administrativos.

Polo que esta reitoría, no uso das competencias que lle confire a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e os estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro),

RESOLVE:

Declarar hábiles unicamente para os efectos de presentación de ofertas nos expedientes de contratación que estean en fase de licitación os días 4 ao 18 de agosto de 2021, ambos incluídos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 12 de xullo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo