Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 22 de xullo de 2021 Páx. 37530

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade da adhesión dunha entidade financeira ao convenio coas sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes) (código de procedemento IG535A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 3 de maio de 2021, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes). Estas bases foron publicadas mediante a Resolución do 18 de xuño de 2021 (DOG núm. 122, do 29 de xuño).

Xunto co texto das ditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Posteriormente, con data do 2 de xullo de 2021, adhírese a entidade financeira Banco Santander, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Engadir a entidade financeira Banco Santander, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia (financiamento Igape-pemes).

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica