Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 24 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Almoite, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Almoite, no concello de Baños de Molgas.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 21 de abril de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Almoite, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Almoite, no concello de Baños de Molgas (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 4 de novembro de 2016, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ángel González Cristobo, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas De Almoite.

Segundo. Con data do 2 de setembro de 2020, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Comunal de Almoite.

Superficie: 49,11 ha.

Pertenza: CMVMC da parroquia de Almoite.

Parroquia: Almoite.

Concello: Baños de Molgas.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Na última documentación achegada figuran os predios coa seguinte descrición:

Predio 1: Lomba e Carrás.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

21

709

710

9032

Norte

21

278-763-277-276-279-280-290-289

Leste

21

150-149-146-145-144-143-141-140-138-137-136-135-134-131-123-122-708-9031-707-706-705-9030-121-9004-9003

22

9001

Sur

22

319-321-9016-320

21

9004-468-469-460-461-457-456-9029

22

756

Oeste

21

9029-9033

Este predio está atravesado, de norte a sur, por un camiño correspondente á parcela catastral 9004, do polígono 21.

Predio 2: As Corgas, Teixugo e Os Tombos.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

22

9027

9028

271

252

752

753

754

755

9031

9030

Norte

21

9003-9002

22

9032-282-283-284-2285-286-269-268-267-266-265-259-258-257-256

Leste

22

251-250-249-9029-248-247-246-245-243-242-9004

23

99-98-97-105-128-129

Sur

23

9013-233-234-235

22

9004

23

603

Oeste

22

307-306-305-304-303-302-301-300-9001

Este predio está atravesado, de norte a sur, por un camiño correspondente á parcela catastral 9004, do polígono 22.

Predio 3: Chaira.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

27

65

Norte

27

64

Leste

9001

Sur

118-9001

Oeste

64

Dentro deste predio localízase un depósito de abastecemento de auga.

Predio 4: Chao do Campo.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

27

92

Norte

27

96

Leste

9001

Sur

9009

Oeste

93

Predio 5: Igrexa Vella.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

28

248

Norte

28

249-247

Leste

243-237

Sur

28

237

27

9001

Oeste

28

249

Predio 6: Aira de Vilar.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas/ref. catastral

Baños de Molgas

28

144

Norte

28

9009-9023

Leste

480-

DA0102500PG07H0001FJ-

Parcela sen referencia catastral

Sur

142-143

Oeste

9009

Predio 7: Aira da Lama.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas/ref. catastral

Baños de Molgas

30

14

Norte

30

9008

Leste

16-

DA0111200PG07H0001BJ-

DA0111300PG07H0001YJ

Sur

15-9

Oeste

9

Predio 8: O Val.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

30

206

Norte

28

9003

Leste

30

236

Sur

238-237

Oeste

163

Predio 9: A Touza.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

28

656

Norte

28

619-618

Leste

9004

30

288-9012

30

287

230

9011

319

320

Sur

330-329-9002-231-232

Oeste

28

9003-9013

Este predio está atravesado polos camiños correspondentes ás parcelas catastrais 9003 e 9004, do polígono 28, e ás parcelas catastrais 9012 e 9002, do polígono 30.

Predio 10: Codoseira.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

28

588

Norte e oeste

28

642

Leste

595

Sur

9010

Predio 11: Aira de Rivas.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

29

147

Norte

29

174-173

Leste

131

Sur

132-136-137

Oeste

144-9014

Predio 12: Aira da Pareira.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

28

64

Norte, leste e sur

28

Parcela sen referencia catastral

Leste

11-720-7

Predio 13: Aira da Chousa.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

29

102

Norte

29

93-94-95

Leste

84

Sur

105

Oeste

9010

Dentro deste predio localízase unha construción de uso agrario.

Predio 14: A Lameira.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcela

Lindeiro

Polígono

Parcelas

Baños de Molgas

29

375

Norte

29

9017

Leste

376-357

Sur

374

Oeste

9019-379-380

Predio 15: Outeiro do Marco.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Concello

Polígono

Parcelas

Lindeiro

Polígono

Parcelas/ref. catastral

Baños de Molgas

30

526

519

Norte

30

523-9018-487

Leste

488-516-517-518

Sur

9018-558-557-556-555-534

Oeste

533-527-525-524

Enclave

DA0117800PG07H0001GJ

Este predio está atravesado, de norte a sur, por un camiño correspondente á parcela catastral 9018, do polígono 30. Tamén está atravesado por un tendido aéreo dunha liña eléctrica.

Dentro da parcela 519 localízase un depósito de abastecemento de auga con titularidade catastral municipal.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Comunal de Almoite, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Almoite, no concello de Baños de Molgas (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 24 de xuño de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense