Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial
ACORDA:
Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo, a actualización do plan de restauración da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Trambasaguas, núm. 7, situado no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Arias Infraestructuras, S.A., con domicilio social en Paseo de Ronda, núm. 24, A Coruña.
Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico sección.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito perante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do plan de restauración, cuxa autorización compete á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.
A Coruña, 29 de xuño de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña