Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37879

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trabada

ANUNCIO da aprobación das bases que rexen a convocatoria dunha praza de conductor-oficial de servizos múltiples.

Logo de aprobar por Resolución de Alcaldía número 152/2021, do 25 de maio de 2021, as bases e a convocatoria para a contratación dunha praza de condutor-oficial de servizos múltiples para o Concello de Trabada, en réxime de persoal laboral fixo, mediante o sistema de oposición libre, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 128, do 8 de xuño de 2021, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación da praza.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica do Concello de Trabada (https://trabada.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada, sito na casa do concello.

Trabada, 16 de xuño de 2021

Mayra García Bermúdez
Alcaldesa