Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37747

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural.

Para a obtención do título de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster: 45 ECTS obrigatorios e, polo menos, 15 ECTS optativos de entre a totalidade de materias optativas do Módulo 3.

Resolución do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 26 de decembro de 2014 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 29 de xaneiro de 2015 pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 9 de xaneiro de 2015).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural pola Universidade de Vigo.

Vigo, 12 de xullo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural

Código RUCT: 4315075.

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

15

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Concepto e Categorías do Patrimonio Cultural

3

OB

Módulo 1:

Xestión do patrimonio cultural

Valor e Significado do Patrimonio Cultural

3

OB

Protección Xurídica do Patrimonio Cultural

3

OB

Figuras de Intervención e Xestión de Proxectos

3

OB

Novos Modos de Xestión e Protección do Patrimonio Cultural

3

OB

Técnicas de representación CAD do Patrimonio

3

OB

Módulo 2: Documentación e representación do patrimonio cultural

Introdución á Topografía e Produción Cartográfica

3

OB

Técnicas de Documentación Cartográfica 2D e 3D do Patrimonio Cultural

3

OB

Tecnoloxías SIG para o Inventario do Patrimonio Cultural

3

OB

Técnicas de Prospección do Subsolo Superficial

3

OB

Caracterización e Documentación Histórico-Artística

3

OP

Módulo 3:

Especialización en documentación, avaliación, xestión e interpretación do patrimonio cultural

Territorios e Paisaxe Cultural

3

OP

Historia, Memoria, Identidade e Patrimonio Cultural

3

OP

Patrimonio Arquitectónico, Territorio e Paisaxe Urbana

3

OP

Deseño de Exposicións e Modelos Expositivos

3

OP

Difusión e Socialización do Patrimonio Cultural

3

OP

Educación Patrimonial e Innovación Social

3

OP

Patrimonio Cultural e Turismo

3

OP

Introdución á Avaliación Estrutural de Construcións Patrimoniais

3

OP

Técnicas non destrutivas para a avaliación do patrimonio cultural inmoble

3

OP

Prácticas

6

OB

Módulo 4:

Prácticas

Traballo fin de máster

9

OB

Módulo 5:

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster: 45 ECTS obrigatorios e, polo menos, 15 ECTS optativos de entre a totalidade de materias optativas do módulo 3.