Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37750

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Industria 4.0.

Para a obtención do título de máster universitario en Industria 4.0, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster: 54 ECTS obrigatorios e 6 ECTS optativos (cursarase 1 materia optativa de 3 ECTS en cada cuadrimestre).

Resolución do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Industria 4.0

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 12 de xaneiro de 2021 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 22 de xaneiro de 2021 pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 14 de xaneiro de 2021).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Industria 4.0 pola Universidade de León e a Universidade de Vigo.

Vigo, 12 de xullo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Industria 4.0 pola Universidade de León e
a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4317056.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de León e Universidade de Vigo (coordinadora).

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

6

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

PLM e Lean Manufacturing

3

OB

Módulo 1:

Xeral. Xestión da implantación da industria conectada

Cloud Computing e Big Data

3

OB

Comunicacións Industriais e Ciberseguridade Industrial

3

OB

Sistemas Intelixentes na Industria

3

OB

Sistemas Ciberfísicos

3

OB

Smart Manufacturing e Smart Logistics

3

OB

Internet Industrial das Cousas (IIoT)

4,5

OB

Competencias Horizontais e Xestión do Talento

3

OP

Desenvolvemento e Xestión de Proxectos de I+D+I

3

OP

Fabricación Aditiva

3

OB

Módulo 2:

Tecnolóxico. Ferramentas e tecnoloxías de deseño e fabricación 4.0

Sistemas de Verificación e Inspección Avanzados

3

OB

Robótica e Realidade Virtual na Industria

3

OB

Simulación aplicada a Deseño e Fabricación

4,5

OB

Ferramentas de Cálculo Avanzado para Enxeñaría

3

OP

Sistemas CAD/CAM/CAE avanzados

3

OB

Simulación Aplicada a Xestión de Plantas

3

OB

Industrialización e Innovación Industrial. Enfoque Lean

3

OP

Prácticas externas

6

OB

Módulo 3:

Prácticas

Traballo fin de máster

6

OB

Módulo 4:

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Industria 4.0, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster: 54 ECTS obrigatorios e 6 ECTS optativos (cursarase 1 materia optativa de 3 ECTS en cada cuadrimestre).