Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2020-00005810 e oito máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos de conformidade co establecido na Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida (procedemento BS403B) para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2020 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro de 2020).

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que as resolucións recaídas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución denegatoria (procedemento BS403B)

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Nº de expediente

Acto administrativo e data

53307183Z

BS403B-2020-00005810

Resolución do 9.6.2021

39485683L

BS403B-2020-00008731

Resolución do 9.6.2021

X7390683R

BS403B-2020-00009028

Resolución do 9.6.2021

Y4763203D

BS403B-2020-00009553

Resolución do 9.6.2021

14637408R

BS403B-2020-00009999

Resolución do 9.6.2021

54696883P

BS403B-2020-00010040

Resolución do 9.6.2021

Y8331774S

BS403B-2020-00010674

Resolución do 9.6.2021

Y4483960D

BS403B-2020-00010728

Resolución do 9.6.2021

44466714D

BS403B-2020-00013327

Resolución do 9.6.2021