Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedemento BS650A e BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150054512 e doce máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á administración, a través deste anuncio notificaranse os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Advírtese que, no caso de non facelo, se considerarán notificados para todos os efectos ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada unha vez notificados os requirimentos tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 15 de xuño de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Persoa interesada

DNI/NIE

Nº de expediente

Data do acto administrativo

Acto administrativo

32658111C

150054512

12.3.2021

Requirimento de documentación

32662389C

150095495

2.3.2021

Requirimento de documentación

32621321F

150193795

3.5.2021

Requirimento de documentación

50976978P

150016916

19.5.2021

Requirimento de documentación

44813368F

150054615

2.3.2021

Requirimento de documentación

32708591S

150038118

13.4.2021

Requirimento de documentación

ANEXO II

Procedemento BS650G

Persoa interesada

DNI/NIE

Nº de expediente

Data do acto administrativo

Acto administrativo

32759411M

150018721

27.4.2021

Requirimento de documentación

76395929A

150081115

4.5.2021

Requirimento de documentación

32610443P

150047319

2.3.2021

Requirimento de documentación

76499174R

150088215

19.4.2021

Requirimento de documentación

49402301A

150022716

1.2.2021

Requirimento de documentación

32410111Y

150029919

4.5.2021

Requirimento de documentación

76283994D

150075610

12.4.2021

Requirimento de documentación