Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650G, competencia desta xefatura territorial (expediente 150000621 e un máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións das reclamacións previas ditadas pola xefa territorial no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese efectuar, por causa non imputable á Administración, a través deste anuncio notifícanse as ditas resolucións ás persoas citadas no anexo, que son emprazadas para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións. Advírtese que, de non facelo, se considerarán notificadas no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase de que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, como consta nas devanditas resolucións, poderán interpoñer demanda ante o xulgado do social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 15 de xuño de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650G

Persoa interesada

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

76319457Y

150000621

Desestimación

26.3.2021

34437679D

150009121

Estimación

30.4.2021